- 09:00-13:00
- Concello de Oroso
- De 8 a 14 anos
- 60.00 €
O Campus Biciescola do Oroso Club Ciclista celebrarase do 6 ao 10 de xullo no Parque do Carboeiro, ofrecendo aos nenos e nenas unha oportunidade para desfrutar da bicicleta nun ambiente lúdico e educativo. Durante cinco xornadas, os participantes combinarán actividades formativas, xogos e saídas en bicicleta por algúns dos roteiros máis emblemáticos da contorna, como o Camiño Inglés, a Vía Verde e o Refuxio.
- 11:00-20:45
- Piscina Municipal
- Todos os públicos
- GRATUITO
O Concello de Oroso vén de abrir o prazo de inscrición nos cursos de natación 2026, uns cursos gratuítos que se impartirán na piscina municipal de Sigüeiro entre o 1 ata o 30 de xullo.
- 17:00-21:00
- Campo de Fútbol Lino Balado
- Todos os públicos
- GRATUITO
O Concello de Oroso celebrará o vindeiro 26 de xuño unha gran xornada dedicada ao deporte local no Campo de Fútbol Municipal Lino Balado, cunha tarde chea de actividades pensadas para desfrutar en familia e poñer en valor o traballo dos clubs e deportistas do municipio.
Entre as 17:00 e as 20:00 horas, as instalacións deportivas acollerán exhibicións deportivas, xogos, xincanas, inchables terrestres e acuáticos e animación musical, creando un ambiente festivo e participativo para nenos, nenas, familias e afeccionados ao deporte.
A xornada servirá tamén como punto de encontro para as diferentes entidades deportivas de Oroso, permitindo amosar o traballo que realizan ao longo de todo o ano e fomentando a práctica deportiva entre a mocidade.
Posteriormente, entre as 20:00 e as 20:30 horas, terá lugar o acto de entrega de premios e recoñecementos aos mellores equipos e deportistas da temporada, nun momento especial no que tamén se fará entrega de medallas a todos os deportistas do concello como símbolo de agradecemento polo seu esforzo, compromiso e participación.
- 09:00-14:00
- Oroso
- Infantil
- 36.75 €
O Concello de Oroso, co obxectivo de atender ás familias que precisan un servizo de conciliación nas datas do verán, subvencionará a inscrición no campamento de conciliación "Concilia2 Verán" para nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos.
O campamento ten un horario estándar de 9:00 a 14:00 horas. Dispón dunha ampliación de horario de 7:30 a 9:00h, e outra ampliación de horario de 14:00 a 15:30 horas, ambas subvencionadas tamén polo Concello de Oroso.
- 18:00-22:00
- Praza Isaac Díaz Pardo
- Todos os públicos
- GRATUITO
O vindeiro 19 de xuño ás 18:00 h, a Praza Isaac Díaz Pardo de Sigüeiro acollerá o Torneo de Xadrez Oroso Fin de Curso, aberto á participación de toda a veciñanza.
Unha oportunidade perfecta para gozar dunha tarde diferente, compartir partidas e fomentar o pensamento estratéxico entre participantes de todas as idades.











