A biblioteca municipal do Concello de Oroso está situada no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa e ten como principal obxectivo dar resposta as demandas de información, formación, ocio e cultura dos veciños da localidade.
O fondo bibliográfico da biblioteca está composto por materiais diversos como libros, DVD, CD-ROM, publicacións periódicas, cómics, todos eles en acceso libre e dispoñibles tanto para consulta en sala como para préstamo a domicilio.

A biblioteca conta cun total de 50 postos de lectura/estudo repartidos en tres salas:

Sala Biblioteca

Sala de adultos.

Sala 24 horas

Sala estudo 24 horas.

Sala Infantil

Sala infantil.


O acceso á biblioteca é libre, e para facer uso da biblioteca necesítase ser socio da mesma e estar en posesión do carné que así o acredita.
Para solicitar o teu carné so tes que premer neste enlace e cubrir o formulario.



Servizos

Sala Estudo 24 horas

Aberta as 24 horas do día durante os 365 días do ano, a sala conta con 26 postos de estudo e conexión wifi, ademais dun sistema de videovixilancia para garantir a correcta utilización das instalacións

PréstamoServizo gratuito de préstamos

Sala LecturaEspazo aberto para o estudo e a lectura

Sala InfantilLecturas para a rapazada

Aninación á lecturaProgramación ocasional para todas as idades

Atención e informaciónInformamoste, aconsellámoste, ... pregúntanos!

ServizosAcceso gratuito internet, prensa diaria,...