O servizo de orientación ofrece un proceso continuado de axuda no ámbito laboral ás persoas demandantes de emprego e aquelas que desexan mellorar o que xa teñen, co obxecto de potenciar o seu desenvolvemento profesional e de posibilitar a mellor toma de decisión autónoma para un óptimo aproveitamento dos seus recursos en relación ao emprego.
Fomentar a actividade económica e social xerando crecemento económico e desenvolvemento social para intentar reducir a taxa de paro no concello e comarca.
Trátase dun Obradoiro de Garantía Xuvenil que ten unha duración de 12 meses. Conta con dous grupos de alumnos, aos que se lles están a impartir os módulos profesionais de Fábricas de albanelería e Traballos de carpintería e moble.
O Obradoiro de Emprego desenvólvese nos seguintes espazos:
- As sesións formativas ordinarias de aula, así como o traballo do persoal docente, directivo e administrativo ten lugar na Praza de Abastos de Ordes.
- A parte formativa práctica relativa ao certificado de carpintería lévase a cabo nun taller debidamente dotado ubicado no municipio de Sigüeiro, no concello de Oroso.
- A parte formativa práctica relativa ao certificado de albanelería lévase a cabo no edificio da estación de tren de A Pontraga, situado na parroquia de Parada, no concello de Ordes.
Obxectivos
O principal obxectivo deste obradoiro é mellorar a ocupabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras e prestacións de servizos de interese xeral e social.
Actuacións
A parte formativa práctica lévase a cabo no edificio da Estación de Tren de A Pontraga, situado na parroquia de Parada, no concello de Ordes.
Trátase dunha edificación executada nos anos 40 que posúe un valor arquitectónico indiscutible. Proxectada polo arquitecto Ramón Cortázar de Urruzola constitúe un dos poucos exemplos vivos da arquitectura ferroviaria do noso país.
A día de hoxe a Estación atópase nun estado de abandono, pese a ser obxecto de actuacións paisaxísticas na contorna e actuacións de rehabilitación en outras edificacións próximas pertencentes ao mesmo conxunto ferroviario.
Preténdese por tanto rehabilitar esta edificación por ser a edificación principal do conxunto, dotala de utilidade para os veciños do municipio á vez que se recupera o seu valor arquitectónico e cultural.
Obradoiro de Emprego Mancomunidade de Ordes
O servizo de orientación ofrece un proceso continuado de axuda no ámbito laboral ás persoas demandantes de emprego e aquelas que desexan mellorar o que xa teñen, co obxecto de potenciar o seu desenvolvemento profesional e de posibilitar a mellor toma de decisión autónoma para un óptimo aproveitamento dos seus recursos en relación ao emprego.
Trátase de facilitar o desenvolvemento dos recursos e competencias propias da persoa demandante que lle permitan identificar opcións laborais e elixir entre elas de maneira autónoma, para un óptimo aproveitamento dos seus recursos en relación ao emprego.