Concerto Virtuosi Violini

O vindeiro sábado, 22 de xuño ás 17:30 horas, o Auditorio Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá unha nova edición deste destacado evento musical que reúne talento, paixón e excelencia.

Unha cita imperdible para os amantes da música clásica, con entrada libre ata completar aforo.

Campus de verán RC Celta

A partir do luns 23 de xuño poderás gozar dunha nova edición dos CAMPUS DE VERÁN RCCELTA by Cabreiroá 2026 que, durante unha semana se levará a cabo no Campo de Fútbol Municipal Lino Balado de Sigüeiro.

Un Campus organizado coa colaboración do RC Celta, o ED Xuventude Oroso e o Concello de Oroso, no que poderás gozar do teu deporte favorito adestrando segundo a metodoloxía da canteira do RC CELTA, o equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores novos tanto a nivel nacional como internacional.

Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral e nunha contorna de adestramento onde a diversión está asegurada.

Un verán máis teremos o noso premio AFOUTEZA que permitirá a algún dos participantes poder participar no adestramento dalgún equipo de categorías inferiores do RC CELTA (segundo rendemento deportivo e valoración dos nosos técnicos).

Concilia2 Verán

  • 09:00-14:00
  • Oroso
  • Infantil
  • 36.75 €

O Concello de Oroso, co obxectivo de atender ás familias que precisan un servizo de conciliación nas datas do verán, subvencionará a inscrición no campamento de conciliación "Concilia2 Verán" para nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos.
O campamento ten un horario estándar de 9:00 a 14:00 horas. Dispón dunha ampliación de horario de 7:30 a 9:00h, e outra ampliación de horario de 14:00 a 15:30 horas, ambas subvencionadas tamén polo Concello de Oroso.

Torneo Xadrez Oroso

O vindeiro 19 de xuño ás 18:00 h, a Praza Isaac Díaz Pardo de Sigüeiro acollerá o Torneo de Xadrez Oroso Fin de Curso, aberto á participación de toda a veciñanza.

Unha oportunidade perfecta para gozar dunha tarde diferente, compartir partidas e fomentar o pensamento estratéxico entre participantes de todas as idades.

Escola de Música José Verea

O Concello de Oroso abre o prazo de matrícula para o curso 2026/2027 da Escola de Música José Verea dende o 16 ao 30 de xuño.

Prazo Inscricióndo 16 ao 30 de xuño

InscriciónFolla inscrición

DirixidoMaiores de 4 anos



Documentación é información na sección da Escola de Música