XI Torneo Oroso Fútbol 8

O Torneo de Fútbol 8 da ED Xuventude de Oroso e do Concello de Oroso, celebra a súa XI edición durante os días 1 e 17 de maio de 2026.
Esta duodécima edición do noso torneo terá o seu comezo o venres 1 de maio de 2026 coas primeiras categorías de ALEVÍN e BIBERÓN, dando paso a segunda xornada que se disputará o venres 17 de maio de 2026 coas categorías BENXAMÍN e PREBENXAMÍN.

O torneo celebrarase no Campo de Fútbol Municipal "Lino Balado" e comezará ás 09:00 horas, desenvolvendose ao longo de todo o día ata as 20:00 h.

I Albaroque

A Asociación Folclórica Buxos Verdes de Senra organiza coa colaboración do Concello de Oroso o I Albaroque, unha xornada de música, baile tradicional e convivencia que terá lugar o vindeiro 16 de maio en Senra (Oroso).

Durante toda a xornada haberá actividades para toda a familia, mostra de artesanía, sesión vermú, xantar popular, música tradicional, xogos populares e troula nocturna. Ademais, contarase con carpa e bebidas a prezos populares.

Competicións deportivas

Consulta o calendario das competicións deportivas que teñen lugar no Concello de Oroso nesta fin de semana.

XXVIII Concurso de Pesca

  • 08:00-14:00
  • Sigüeiro
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

O XXVIII Concurso de Pesca do Concello de Oroso terá lugar o sábado 9 de maio entre ás 08:00 horas e ás 20:30 horas no coto do río Tambre.
O concurso infantíl celebrarase o domingo 10 de maio a partir das 09:30 horas da mañá na lagoa do río Carboeiro.
Para participar en ambos concursos será necesario realizar a inscrición previa antes do 7 de maio.
Os trofeos dos premiados serán entregados o domingo 10 de maio despois do pregón da Festa da Troita.

Competicións deportivas

Consulta o calendario das competicións deportivas que teñen lugar no Concello de Oroso nesta fin de semana.