Wombo Combo
Información:
  • 13-11-2023
  • 12:30 - 13:30
  • Infantil
  • GRATUITO

Localización: Auditorio Centro Cultural

Wombo Combo

O luns 13 de novembro terá lugar o espectáculo de teatro Wombo Combo, de Teatro Galeatro, no Auditorio Municipal para 5º e 6º do CEIP de Sigüeiro e CEIP Camiño Inglés.

Sinopse

Sara odia a súa vida. Ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real nada lle vai ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas, ten éxito e é imbatible nas loitas. Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir. Ata que entra nun videoxogo novo, “Revamp”, onde unha misteriosa voz en off lle vai propoñendo retos que debe cumprir na vida real se non quere sufrir as consecuencias. A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non é posible unha vida sen a outra.

Compartir: