A actividade deportiva debe usarse como axente educativo. O Concello pretende que o deporte axude á educación integral desde os primeiros anos, ocupando as horas de ocio dos máis novos cunha serie de actividades formativas que os afasten de malos hábitos e prácticas nocivas e que os axuden a desenvolverse como persoas dentro da sociedade. Pero tamén é un recurso para os adultos e maiores, que poden disfrutar de diferentes actividades nas parroquias ou na propia vila.
Funcións
- Xestión das instalacións deportivas municipais.
- Organización de actividades para todas as idades.
- Colaboración cos distintos clubs deportivos de Oroso.
- Organización e colaboración en eventos deportivos municipais.
Información das actividades
Escolas DeportivasActividades organizadas para cativos, adultos e maiores
Cursos de NataciónCursiños de natación e colaboración cos campus e campamentos deportivos
Reserva InstalaciónsReserva de instalacións deportivas a través da web do concello
Instalacións Deportivas Municipais
- Pavillón de Deportes
"Juanito Amigo Ferreiro" - Rúa Pablo Iglesias, 2 (Sigüeiro)
- Campo de Fútbol
"Lino Balado" - Rúa Pablo Iglesias, 2 (Sigüeiro)
- Piscina Municipal de Oroso
- Avda. de Compostela, 60 (Sigüeiro)
- Pista Squash
(Pavillón de Deportes) - Rúa Pablo Iglesias, 2 (Sigüeiro)
- Campo de Fútbol
"A Penela" - A Penela, s/n (Oroso)
- Pistas Multideporte de Sigüeiro
- Paseo do Carboeiro (Sigüeiro)
- Campo de Fútbol
"Municipal de Villaromariz" - Valverde, s/n (Vilarromariz)
- Campo de Fútbol
"O Peteiro" - Deixebre, s/n (Oroso)
- Pista Fútbol Herba
de Porto Aviera - Porto Avieira, s/n (A Gándara)
- Campo de Beisbol
de Oroso - Porto Avieira, s/n (A Gándara)
- Pista de Hípica
de Porto Aviera - Porto Avieira, s/n (A Gándara)
- Circuito de Bicicross de Oroso
- Porto Avieira, s/n (A Gándara)
- Pista Polideportiva de Deixebre
- Deixebre, s/n (Oroso)
- Pista Deportiva Sigüeiro
- Rúa Travesa, s/n (Sigüeiro)
Dende a Concellaría de Deportes, Turismo e Comercio, puxéronse en marcha distintas actividades tanto para nenos como para adultos ó longo de todo o ano.
Para levar a cabo estas actividades o concello conta con persoal altamente preparado e coas instalacións necesarias. Ademáis o concello contará con empresas de servizos deportivos para unha mellor xestión de tódalas actividades.
Inicio Actividadescomezo o 1 de outubro
PrazosInscricións do 10 ao 25 de setembro
Actividades deportivas municipais (adultos)
- Aerobic Jumping
- Pilates
- Zumba
- Zumba Kids
- Ximnasia mantemento
- Escola de costas
Actividades deportivas municipais (clubes)
- Hípica
- Patinaxe
- Taekwondo
- Ximnasia Rítmica
- Golf
- Motocross e Rally
- Fútbol sala
- Baloncesto
- Ciclismo
- Béisbol
- Hóckey Patíns
- Balonmano
- Tenis
- Fútbol
- Xadréz
- Atletismo
- Tenis de mesa
- Padel
Normativa activades deportivas
- Cubrir unha folla de inscrición para cada actividade que se solicite praza (máximo dúas por persoa). Terán que ter entrada no rexistro municipal ou por sede eléctronica.
- As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. Terán preferencia os/as empadroados/as en Oroso.
- Para que os cursos se leven a cabo ten que haber un mínimo de participantes inscritos, en caso contrario, os cursos non se realizarán.
- Os pagos realizaranse antes do día 15 de outubro. (Prezo actividade: 80 € empadroados/as - 130 € non empadroados/as).
- O alumno ou titor declara que o participante non padece ningunha doenza que lle impida practicar na actividade elixida.
Prazo de inscrición
- Dende o 10 de setembro ata o 25 de setembro de 2024. Non se admitirá ningunha solicitude presentada antes do día e hora indicados anteriormente.
Pago actividades deportivas municipais
- Folla de autoliquidación (taxa prestación servizos deportivos)
- As inscricións e cotas dos clubs deportivos, xestiónanse directamente con cada club.
Documentos
Información adicional
- As clases comezarán a primeira semana de outubro e rematarán a ultima semana de maio, con descansos e vacacións seguindo o calendario escolar.
- Para as actividades de Pilates, Ximnasia Mantemento e Escola de Costas e moi recomendable levar unha esterilla.
- Os que figuran en reserva serán avisados segundo se produzcan baixas dos inscritos.
A piscina municipal encóntrase na rúa do Camiño Inglés en Sigüeiro. Trátase dunha área na que existen múltiples instalacións deportivas como campos de baloncesto, fútbol, pista de bóleibol, tenis, parques infantís, ... e unha extensa área recreativa.
A piscina municipal é un centro de ocio con múltiples áreas a disposición dos usuarios
- Un vaso principal de 312,50 m2 con cuberta retráctil
- Un vaso infantil de 35,20 m2 de chapoteo o aire libre
- Un parque infantil de xogos acuáticos de 66,30 m2
- Solarium e xardín de céspede natural con árbores de 1.134,60 m
- Unha cafetería con terraza exterior
- Espazos comúns (vestiarios, aseos e sala de socorrista)
Apertura inscrición cursos de natación ata o 26 de xuño de 2024
Apertura da piscina municipal 27 de abril de 2024
Horarios da piscina
Ata o 31 de maiode 15:00 a 21:00 horas
A partir do 1 de xuñode 11:00 a 21:00 horas
Prezos entrada piscina
de 4 a 16 anos
16 anos
Prezos carnés piscina
- As familias numerosas empadroadas no Concello terán o 20% de desconto.
Requisitos para solicitar o carné
- Entregar o xustificante do pago das taxas para a obtención do carné.
- Achegar foto tamaño carné (altas novas).
- Entregar o xustificante de familia numerosa (se é o caso).