Apertura Piscina Municipal
Información:
  • 29-04-2023 a 16-09-2023
  • 11:00 - 21:00
  • Todos os públicos
  • 1.50
Inscrición - Reserva

Localización: Piscina Municipal

Apertura Piscina Municipal

A piscina municipal de Sigüeiro abrirá as súas portas para a campaña de verán 2023 o 29 de abril. Paralelamente, o Concello de Oroso abre o prazo para solicitar ou renovar os carnés de aboanados.

Os prezos dos carnés mantéñense sen incrementos sobre os últimos anos. Así os veciños e veciñas empadroados en Oroso terán un desconto de 7 euros sobre a tarifa xeral: 17 euros (de 4 a 16 anos) e 25 euros (maiores de 16 anos). As persoas non empadroadas terán unha cota de 24 euros (de 4 a 16 anos) e de 32 euros (maiores de 16 anos). Así mesmo, haberá un desconto do 20% para familias numerosas.

Compartir: