Alexander Doval Expósito
E-mail: alcaldia@oroso.gal

Alex Doval

Alcalde de Oroso

Estimados veciños e veciñas de Oroso:

Compráceme saudarlles dende a nova páxina web do concello para darlles a benvida a este espazo de información que desexa estar a altura das novas circunstancias de comunicación en internet.

É o noso desexo, dar a coñecer os servizos de información que se inclúen neste espazo web, co fin de facer máis fluída a nosa relación cos usuarios que nos visiten. A través de datos, imaxes, mapas e todo tipo de información útil, pretendemos que te sintas preto desta terra. Recoméndoche que non deixes de interesarte por temas relacionados co turismo, a historia, o patrimonio e a riqueza natural do noso municipio.

Neste portal poderán encontrar a información que precisen sobre o municipio e sobre os servizos públicos de maneira intuitiva, ademais de ter acceso a moitas das xestións que ofrece a Administración Local.

A información e a proximidade ao cidadán van da man nesta páxina web. Aquí poderás atopar datos actualizados sobre Oroso, así como as noticias máis destacadas da actividade municipal. O noso compromiso é o de achegar con transparencia e rigorosidade toda a información que precisas para estar ao día do que ocorre en Oroso.

Oportunidades, saúde, vivenda, natureza, turismo, deporte, cultura, servizos, desenvolvemento, urbanismo, educación, industria, lecer... son moitas as palabras que teñen sentido neste municipio. Todas elas son realidades que trazan un futuro inmediato cheo de ilusión e benestar.

Por todo isto, invítolles a visitar todas a funcionalidades que compoñen este espazo web, para que así, coas vosas suxestións, poidamos mellorar continuamente este e outros servizos que lle ofrece este Concello.

E para todos aqueles que gusten de visitarnos, brindámoslles un punto de referencia para coñecer e descubrir o noso fermoso municipio.

Coa esperanza de que todo isto represente unha nova mellora do benestar para todos nós, aproveito a ocasión para darlles un cordial saúdo.