O programa “Bos días cole” é unha iniciativa coa que o Concello de Oroso busca facilitarlles aos pais e nais do municipio a conciliación da vida laboral e familiar, xa que lles permite deixar os cativos nas instalacións do CEIP de Sigüeiro e no CEIP Camiño Inglés dende as 7:30 horas ata o comezo das clases. Uns pequenos que pasan esas horas da mañá con obradoiros de traballos manuais, talleres de lectura de contos e diversos xogos.

LugarC.E.I.P. de Sigüeiro e C.E.I.P Camiño Inglés

Horario7:30 ata inicio xornada lectiva

Dirixidoa rapaces de 3 a 12 anos

Inclueservizo de gardería e almorzo



Formalización da solicitude

  • Documentación a presentar
    • Matrícula (folla de inscrición)
    • Certificado médico se fose o caso de que o usuario padeza algún tipo de enfermidade, intolerancia ou alerxia que o persoal da empresa encargada de xestionar o servizo deba ter en conta
    • Carta domiciliación
    • Certificado/libro de familia numerosa para acreditar dita situación e que se poida aplicar o desconto do 20% nas mensualidades
    • Xustificante de pago da matrícula (Taxas Concello de Oroso: www.oroso.gal)

  • Lugar de presentación da documentación: Rexistro Xeral do Concello ou Sede electrónica
  • Prazas: As prazas asignaranse por rigoroso orde de presentación de solicitudes


Prazos

1

Prazo Renovacióndo 12 ao 23 de xuño de 2023

2

Novas Matrículasdo 26 de xuño ao 7 de xullo de 2023

3

Publicación listaxes Admitidos21 xullo de 2023