O alcalde de Oroso, Álex Doval, e concelleiros da corporación municipal, xunto a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, na visita o IES de Oroso

O IES de Oroso mellora as súas instalacións cun investimento de preto de 50.000 euros da Xunta de Galicia

O Concello de Oroso recibiu a visita da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, para coñecer de primeira man as actuacións de mellora que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional está a executar no IES de Oroso no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, unha estratexia destinada á modernización das infraestruturas educativas púb ...

ler máis
Inventimento Concello de Oroso

Oroso encara o que resta de 2026 cun investimento récord de máis de 2,7 millóns de euros

O Concello de Oroso mobiliza máis de 2,7 millóns de euros nunha carteira de once actuacións que se executarán ou avanzarán no que resta de 2026. Trátase dun volume de investimento récord para este período, con proxectos xa adxudicados, listos para adxudicar, en licitación ou preparados para a súa próxima contratación.

Este impulso abrangue a mellora de servizos públicos, ...

ler máis
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Oroso, Álex Doval, durante a sinatura do convenio

Concello de Oroso e Xunta de Galicia investirán preto de 50.000 euros na ampliación e mellora do parque canino de Porto Avieira

O Concello de Oroso e a Xunta de Galicia deron un novo paso na mellora dos espazos públicos do municipio coa sinatura do protocolo de colaboración que permitirá acometer a ampliación e modernización do parque canino de Porto Avieira, unha actuación que contará cun investimento de preto de 50.000 euros, financiado integramente polo Goberno galego.

O protocolo foi asinado pola co ...

ler máis
Acondicionamento viario no lugar de Castiñeiro Redondo (Calvente)

O Concello de Oroso mellora a rede viaria en Castiñeiro Redondo, na parroquia de Calvente

O Concello de Oroso continúa avanzando no seu compromiso coa mellora das infraestruturas e servizos nas parroquias coa execución dunha nova actuación de acondicionamento viario no lugar de Castiñeiro Redondo, na parroquia de Calvente.

Os traballos permitiron actuar sobre máis de 600 metros de vía municipal, mellorando o estado do firme e reforzando as condicións de seguridade e ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, durante a visita ó Polígono

A Xunta e o Concello de Oroso investirán 150.000 euros na mellora da senda entre Oroso Pequeno, o polígono de Sigüeiro e o Parque do Carboeiro

O Concello de Oroso recibiu na mañá deste martes a visita da conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, no polígono industrial de Sigüeiro, nun encontro no que tamén participou o alcalde de Oroso, Álex Doval, para supervisar unha nova actuación de mellora das infraestruturas e da contorna do parque empresarial.

A intervención permitirá ...

ler máis