O Punto Limpo e unha instalación onde se recollen, clasifican e acumulan certos tipos de residuos sólidos urbanos tales como madeira, plásticos, colchóns, mobles e obxectos.
O Punto Limpo pretende:
- Evitar o vertido incontrolado de residuos voluminosos que non poden ser liminados a través dos servizos convencionais de recollida de lixo.
- Evitar o vertido de cascallos e outros restos no medio natural e urbano do termo municipal de Oroso.
- Coidar e protexer o medio natural buscando a clasificación e a reciclaxe de todos os residuos
Como funciona o Punto Limpo?
Achégate ó Punto Limpo
Deberás levar o lixo, xa separado, ó punto limpo nos horarios de apertura.
Identifícate
Tras a túa identificación, o operario informarate sobre a forma e lugar de depósito de cada residuo.
Deposita os residuos
Sigue as instruccións do operario e deposita correctamente os residuos.
Tipos de residuo que se poden depositar no Punto Limpo
Asimilables
- Escombros de obras menores particulares (inodoros, bañeiras, bidés, ...)
- Madeira
- Plásticos
- Colchóns e somieres
- Mobles usados
Metálicos
- Resíduos metálicos do fogar
- Electrodomésticos
- Chatarra
- Outros...
Que non poido facer no Punto Limpo?
- Entregar residuos que non procedan de domicilios particulares
- Entregar residuos diferentes ós mencionados anteriormente
- Depositar mesturados os diferentes residuos
- Depositar residuos fóra do colector específico
- Ocultar residuos de carácter perigoso dentro de bolsas ou sacos
- Abandonar residuos de calquera tipo na porta das instalacións, fóra do horario de funcionamento do Punto Limpo
Recollida de residuos sólidos Urbanos
Resíduos Sólidos
- Núcleo Urbano: Todos os días
- Porto Avieira: Lúns, mércores e venres
- Nacional 550: Lúns, mércores e venres
- Resto núcleos e aldeas: 2 días a semana
Envases lixeiros
- Martes e xoves
Vidrio
- Cando a capacidade do contedor está o 75%
Residuos voluminosos
- Primeiro venres de cada mes
(Parroquias) - Primeiro sábado de cada mes
(Sigüeiro e Porto Avieira)
Papel cartón
- Unha vez ó mes