Oroso para vivir

Situación

O concello de Oroso encóntrase no camiño da Coruña a Santiago. A estrada N-550 atravesa o termo de norte a sur. A capital municipal, Sigüeiro, encóntrase a 49 Km. da Coruña e a 11 de Santiago de Compostela.



A autoestrada AP9 ten en Sigüeiro un servizo de entrada e saída en dirección A Coruña e en dirección Santiago. A liña de ferrocarril das dúas mencionadas cidades, ten próximo de Sigüeiro o apeadeiro de Oroso e a estación de Garga Trasmonte. Ademais da estrada citada sae outra de Sigüeiro a Frades polas parroquias de Gándara, Vilaromarís e Calvente. Nela nacen varios ramais que enlazan as outras parroquias e lugares do municipio. Os límites de Oroso son o municipio de Santiago e O Pino polo sur, Trazo polo oeste, Tordoia e Ordes polo norte e Frades polo leste.

O municipio de Oroso limita ao norte cos concellos de Ordes e Tordoia, ao sur cos concellos do Pino e Santiago de Compostela, ao oeste co concello de Trazo e ao leste co concello de Frades. Esténdese sobre unha superficie de 72,23 km2, ofercendo unha paisaxe rural sen apenas contrastes xeográficos.

O monte Costa, de 329 metros, na parroquia de Trasmonte, e o Petón (375 metros), na de Senra, ambos o norte do municipio e no límite co de Ordes, son as máximas cotas que alcanza o relieve de Oroso. A partir delas o perfil orográfico, lixeiramente ondulado e sen fortes contrastes, vai descendendo ata as beiras do Tambre, que lle serve de límite polo sur. Na esquina suroeste, pouco despois de pasar baixo a ponte de Sigüeiro, o Lengüelle únese o Tambre. Os demais rios, como o Carboeiro, Cabrón, o Samo ou o Maruzo, baixan en dirección norte-sur, formando variados e armoniosos vales.

O Municipio de Oroso pertence a Comarca de Ordes, na provincia da Coruña e engloba un total de 11 parroquias: Ánxeles, Calvente, Cardama, Deixebre, Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos, Senra, Trasmonte, e Vilarromarís.

Historia

Escudo Oroso A forma de vida dos antigos poboadores do territorio que actualmente coñecemos como OROSO, non foi diferente ao resto dos concellos que configuran o territorio galego. De acordo cos restos arqueolóxicos encontrados, debemos supoñer que estas terras foron ocupadas antes do denominado paleolítoco inferior, é decir, hai uns 25000 anos a.C., data correspondente ó xacemento arqueolóxico das Gándaras de Budiño.

Co neolítico nace unha nova forma de vida que leva aparellada a domesticación da natureza e dos animais. Este período correspóndese co megalítismo, a primeira arquitectura lítica da que temos constancia no noso concello. A cultura megalítica deixou a súa pegada nun bo número de medorras ou mámoas que aparecen diseminadas polas distintas parroquias e que temos que situar cronoloxicamente entre o ano 3500 e o 1500 a.d.C.

Co paso dos séculos, as comunidades vanse desenvolvendo ata chegar a unha certa xerarquización e enfrontamento entre os grupos que comparten este espazo xeográfico. Coa chegada da idade de ferro, desenvólvese a cultura castrexa, que comeza a finais da idade do bronce, século VII a.C., e chega ata o século V. Neste gran período histórico aparece a romanización, o sometemento de moitas tribos ou pobos galaicos por parte do Imperio Romano.

A idade do ferro trouxo ao noso concello os primeiros asentamentos estables: os castros, situados en lugares elevados, de estrutura circular e defendidos por fosos. En Oroso hai boa mostra de como eran estes recintos, aínda que desgraciadamente a maioría deles están desfeitos e só queda o topónimo. Unha proba da cerámica e da metalurxia que utilizaban os poboadores dos castros, podémola ver no interesante "Tesouro de Recouso" (Marzoa), unha serie de pezas de ouro que podemos datar entre os séculos IV e I a.C.

Coa incorporación destas terras ó Imperio Romano e a organización do territorio que este deseña, constrúense vías de comunicación tanto principais como secundarias que cruzan o concello de Oroso. Algúns historiadores sitúan a mansión "Trigundo" en Sigüeiro, ao longo da vía nºXX, de Bracara a Lucus pola costa. Do mesmo xeito temos que deducir que a Ponte Sigüeiro ten a súa orixe nunha ponte romana.

Despois da desmembración do Imperio Romano e co decorrer dos séculos, as vilas de orixe romano serven como base da sociedade feudal ata o século XVIII. Mais temos que deternos nun feito que influíu fortemente na nosa sociedade cando corría o século IX, data da suposta aparición dos restos do Apóstolo Santiago en Compostela.

Despois da noticia, milleiros de peregrinos desprázanse a Compostela por todos os camiños que conducen a ela. Polo denominado Camiño Inglés ou Antigo Camiño Real, que cruza o noso concello, pasaron todos os peregrinos procedentes de Europa e que desembarcaban nos portos do Golfo Ártabro. Pola Baxoia, Agrelo, A Santiña, Alto do Mouro, Vilalbarro, A Ulloa, Ponte Sigüeiro ... modernos peregrinos seguen as pegadas dos seus antecesores coa meta de abrazar ao Apóstolo Santiago en Compostela.

Polo concello de Oroso discorren outros camiños medievais que comunicaban centros de poder político e relixioso, como o Camiño Grande entre Santiago e Betanzos e o Camiño de Sobrado.

Escudo Ponte Fernán Pérez de Andrade A Ponte Sigüeiro, posiblemente o elemento máis emblemático do concello de Oroso, foi construída sobre o río Tambre ou Tamara, tal e como aparece en varios mapas do século XVIII. Tambre, que ten a raíz Tam-, significa correr, fluír, cara ao mar, mais tamén podemos aplicalo aos romeiros, que dende moi lonxe corren cara á Compostela para encontrarse co seu benfeitor. Un dos arcos desta ponte foi mandado construír por Fernán Pérez de Andrade no século XIV. A Ponte Sigüeiro foi testemuña muda de moitos acontecementos históricos, dende os sucedidos por disputas nobiliarias, ata as batallas protagonizadas por Solís a mediados do século XIX.

Pazo de Meimixe O concello de Oroso é rico en arquitectura civil e relixiosa. Dentro da primeira destacamos o Pazo de Meimixe, do século XVIII, onde chama a atención o seu hórreo descomunal. A Casa dos Somoza en Marzoa e a Casa de Vilar de Abaixo, en Deixebre, son dous exemplos de arquitectura civil do século XIX. Ao longo dos cinco ríos que regan o concello (Tambre, Maruzo, Samo, Lengüelle e Carboeiro) aparecen numerosos muíños que forman parte do proceso de elaboración do pan. Algúns hórreos resisten ao tempo e continúan en pé, como símbolo dunha economía de autosuficiencia que se resiste a morrer. Dentro deste tipo de construcións hai que destacar os hórreos de Gadamil (Vilarromariz) cunha tipoloxía propia da zona.

Dentro da arquitectura relixiosa, destacar todos os cruceiros, sobre todo o de Oroso e os elementos barrocos que gardan as igrexas da Gándara e Senra.

Medorras ou Mámoas

Cultura Megalítica, entre o ano 3500 ao 1500 a.C., aproximadamente

  • Medorra de Vilar de Arriba (Bouzalonga - Deixebre)
  • Medorra do Coto do Lobo (Recouso - Marzoa)
  • Medorra de Recouso - Marzoa
  • Medorra do Petón - Senra
  • Medorra de Gadamil - Vilarromariz

Castros

Cultura Castrexa ou tamén Galaico-Romana. Século V-VI ao V d.C., aproximadamente

  • Castro de Recouso - Marzoa. Onde apareceu o famoso Tesouro de Recouso
  • O Castro. Campo da Igrexa - Marzoa
  • Castro de Bouzalonga - Deixebre
  • Os Castros - Trasmonte
  • O Castro - Deixebre
  • Castro de San Román - Pasarelos
  • Castro de Vilalbarro - Oroso
  • Castro de Ardrís - Senra
  • Castro de Vilacide - Oroso
  • Castro de Vilares - Oroso
  • Castro de Senra - Senra

A maioría están totalmente desfeitos e só se conserva o topónimo.

Demografía

Aspectos demográficos

A posición demográfica é un elemento fundamental para entender o abanico de posibilidades dun municipio; para o caso de Oroso foi decisiva. Emplazando no eixe de comunicacións da comarca compostelana con A Coruña, ós seus habitantes abríronselle as opcións polos efectos expansivos de Santiago e a accesibilidade do seu emplazamento; todo elo ademáis das súas propias capacidades interiores.

Oroso confórmase coma un dos municipios próximos a Santiago de Compostela, en concordancia cunha serie de lugares que deixan atrás o seu pasado rural e se incorporan á diversificación económica antes o novo milenio, ó abrigo da capital compostelana.

A evolución demográfica foi discordante durante o século XX. Unha primeira etapa abarcaría dende 1900, cando o municipio contaba con 3.231 habitantes, ata 1950 cando presenta 4.360, nestes anos móstrase un crecemento estable e continuado de población. O efecto contrario prodúcese nunha segunda etapa, caracterizada polo descenso poboaciónal entre 1960, cando se reduce o número de habitantes ata os 4.234 e 1981, que reflexa 3.612 habitantes. Unha última época representa o aumento de poboación dos últimos anos do século, cando se ascende ata os 4.537 habitantes recollidos no Padrón de 1996.

No comezo do século XXI o crecemento da población continúa, pasando de 5.530 habitantes no ano 2001 ata 6.262 en marzo de 2004.

Sen dúbida, o crecemento experimentado no municipio entre 1996 e 2001 é o de maior proporción demográfica na súa historia. A diferencia entre a población de dereito de 1996 (4.537 habitantes) e a de 2001 (5.530) reflexa un aumento de 993 habitantes para Oroso.

O saldo migratorio constata esta tendencia, no ano 2000 obsérvase un saldo positivo de 322 habitantes. Xa no quinquenio 1991-1996 obsérvase un saldo positivo de 708 habitantes, cunha importante taxa migratoria positiva do 18,7%. Debemos lembrar que este indicador foi lixeiramente negativo durante as décadas dos 70 e 80. A influencia do entorno compostelano perfílase como unha das cousas do aumento de entradas poboacionais no municipio.

Pola súa parte, o crecemento vexetativo foi positivo en todo o segmento comparativo, dende 1970. No periodo 1991-1996 descendeu un pouco o número de nacementos, quedando o índice de movementos vexetativos en 50 habitantes, cunha taxa vexetativa do 1,3% , por debaixo das márxenes sobre o 4% de décadas anteriores. No período 1998-2001 o saldo vexetativo foi positivo, pasando dun saldo positivo de 10 habitantes no 1998 ata o 15 no 2001 xa que o número de nacementos aumentou en todo o periodo.

Unha análise por idades revela un municipio en transición demográfica, en marzo de 2003, os 959 xóvenes menores de 15 anos representan o 15,81% do total poboacional, mentres os 835 maiores de 65 anos solo o 13,77%. Á súa vez, a poboación desglósase entre 3.010 homes e 3.055 mulleres. Os grupos de idade máis numerosos son os comprendidos entre os 15 e os 65 anos, o 70,42% da población total do municipio.

Actualmente o número de habitantes de Oroso é de 7.530, cunha densidade de población de 103,73 habitantes por Km2.

Marco Comarcal

Oroso encádrase na comarca de Ordes que engloba ós seguintes municipios: Cerceda, Tordota, Trazo, Oroso, Frades, Mesía e Ordes, a capital comarcal.

O municipio localízase entre os puntos urbanos de Ordes e Santiago de Compostela. Do primeiro recolle a influencia comarcal e unha das relacións de proximidade máis destacables do seu entorno, do segundo a saida natural do municipio cara un eixo económico relevante.

A relación co entorno realízase sobre a base dos próximos municipios de base rural e importante peso do sector agropecuario que representa un modo de vida representativo de moitos puntos da Galicia interior.

É importante a súa situación limítrofe con Santiago de Compostela, algo que configurou o carácter e as tendencias económicas e sociais das últimas décadas en Oroso. Parte da emigración e das saidas do municipio teñen que ver con este aspecto. O referente económico da capital de Galicia serviu para dar saida a productos e iniciativas do propio municipio, á vez que foi un foco de emprego para numerosos habitantes residentes en Oroso.

Ademáis, a estrada N-550 que une A Coruña con Santiago é o refente da comunicación viaria de Oroso, xa que une ó municipio coa urbe compostelá, coas posteriores facilidades que ofrece este punto en materia de comunicación.

A posición demográfica é un elemento fundamental para entender o abanico de posibilidades dun municipio; para o caso de Oroso foi decisiva. Emplazando no eixe de comunicacións da comarca compostelana con A Coruña, ós seus habitantes abríronselle as opcións polos efectos expansivos de Santiago e a accesibilidade do seu emplazamento; todo elo ademáis das súas propias capacidades interiores.

Patrimonio

Contan os druidas que a forza que rixe o mundo xira en torno a catro elementos, aquel lugar que os conxure será sinónimo da dulzura da verdadeira liberdade, un lugar, onde ser máis feliz que o resto dos mortais. Terra, Aire, Auga, Lume Oroso, os catro elementos ... Víveos !!!

Patrimonio Arqueolóxico

Megalitismo

As mámoas ou medorras son enterramentos datados entre o ano 3500 a. de C. e o 1700 a. de C. Moitas das medorras do concello foron arrasadas, mentres que outras sufriron menos alteracións. Entre elas están:

  • Castro de Recouso - Marzoa. Onde apareceu o famoso Tesouro de Recouso
  • Medorras do Petón (Senra)
  • Medorra de Vilar de Arriba (Deixebre)
  • Medorra do Coto de Lobo (Recouso–Marzoa)
  • Medorra do Prado de Figueira (Marzoa)
  • Medorra da Costa (Trasmonte)
  • Medorra de Gadamíl (Vilarromariz)

O achado arqueolóxico máis importante desta época é o machado da Garabanxa (Calvente), duns 4.000 anos de antigüidade.

Idade de Bronce

Esta época histórica ten varias fases comprendidas entre o ano 1700 a. de C. e o 500 a. de C. O resto arqueolóxico máis coñecido é a punta de lanza de Deixebre, que ten uns 2.700 anos de antigüidade.

Cultura Castrexa

A Cultura Castrexa, caracterizada polos castros ou asentamentos fortificados e situados en zonas elevadas, está datada entre o século VI a. de C. e o século I d. de C. No concello de Oroso hai catalogados 16 castros, mais lamentablemente a maioría están desfeitos e só se conserva o topónimo. O único ben conservado é o castro de Vilalbarro (Oroso). En varios castros encontrouse cerámica, muíños de man e outros útiles da época. Os restos arqueolóxicos máis importantes da Cultura Castrexa no concello de Oroso atopáronse no castro de Recouso (Marzoa): é o denominado tesouro do castro de Recouso, formado por arracadas, cadeas, argolas… e datado nalgún ano entre o século IV a. de C. e o século I a. de C.
En resumo, podemos enumerar os seguintes castros:

  • Castro de Recouso (Marzoa), onde apareceu o famoso Tesouro de Recouso
  • O Castro. Campo da Igrexa (Marzoa)
  • Castro de Bouzalonga (Deixebre)
  • Os Castros (Trasmonte)
  • O Castro (Deixebre)
  • Castro de San Román (Pasarelos)
  • Castro de Vilalbarro (Oroso)
  • Castro de Arderís (Senra)
  • Castro de Vilacide (Oroso)
  • Castro de Vilares (Oroso)
  • Castro de Senra (Senra)

Arquitectura Civil

O concello de Oroso é rico en arquitectura civil e relixiosa. Dentro da primeira destacamos o pazo de Meimixe, do século XVIII, no que chama a atención o seu hórreo descomunal. A casa dos Somoza, en Marzoa, e a casa de Vilar de Abaixo, en Deixebre, son dous exemplos de arquitectura civil do século XIX. Ó longo dos seis ríos que regan o concello (Tambre, Maruzo, Samo, Cabrón, Lengüelle e Carboeiro) aparecen numerosos muíños, que forman parte do proceso de elaboración do pan. Algúns hórreos resisten o tempo e continúan en pé, como símbolo dunha economía de autosuficiencia que se resiste a morrer. Dentro deste tipo de construcións hai que destacar os hórreos de Gadamil (Vilarromarís), cunha tipoloxía propia da zona.

  • Castro de Recouso (Marzoa), onde apareceu o famoso Tesouro de Recouso
  • Ponte de Sigüeiro, séc. XIII–XIV (Sigüeiro)
  • Ponte Carollo (Carollo)
  • Ponte Ulloa (Sigüeiro)
  • Pazo de Meimixe, séc. XVII–XVIII (Os Ánxeles)
  • Casa, escudo e panteón dos Somoza, séc. XVIII (Marzoa)
  • Casa dos Raelas, séc. XVIII (Deixebre)
  • Casa do Carrales (Castro–Senra)
  • Casa de Carril, séc. XVIII (Oroso)
  • Casa de Gadamil (Vilarromarís)
  • Escudo da casa do Vinculeiro (Vilares–Senra)
  • Escudo de Rial (Trasmonte)
  • Estación da Garga (Trasmonte)

Arquitectura Relixiosa

Dentro da arquitectura relixiosa hai que destacar todos os cruceiros, sobre todo o de Oroso, e os elementos barrocos que gardan as igrexas da Gándara e Senra.
No concello hai once igrexas, unha por parroquia, e tres capelas. As capelas están situadas na Garabanxa (Calvente), San Román (Pasarelos) e no pazo de Meimixe (Os Ánxeles). Algunhas igrexas gardan interesantes retablos barrocos e neoclásicos. Ó lado das igrexas sitúanse os cruceiros, que van desde os máis sinxelos, en forma de cruz, ata os máis ornamentais. As igrexas, cruceiros e cruces máis destacadas son:

  • Igrexa de Senra, séc. XVIII, aínda que orixinariamente era románica
  • Igrexa da Gándara, séc. XVII e XVIII
  • Cruceiro de Oroso, séc. XVIII
  • Cruceiro de Senra, séc. XVIII
  • Cruceiro de Trasmonte, séc. XVIII
  • Lápida en Cardama, séc. XVII
  • Cruz das Penas de Valiño (Os Ánxeles)

Arquitectura Tradicional

Polos regos e ríos do concello hai dispersos un bo número de muíños, algúns deles aínda en funcionamento. Pódense destacar os seguintes:

  • Muíño da Grela (Marzoa)
  • Muíño do Trillo (Gándara)
  • Muíño de Vigo ou do Rego Tellado (Costa–Trasmonte)
  • Muíño da Ribeira (Trasmonte)
  • Conxunto etnográfico dos muíños de Senra e de Cardama (concentración de 11 muíños)
  • Maquía da Ponte Marzoa (Marzoa)

En todas as parroquias do concello encontramos hórreos moi interesantes, tanto da tipoloxía de hórreo de Ordes como de planta alongada. Podemos destacar:

  • Hórreo do pazo de Meimixe (Os Ánxeles)
  • Hórreo de Gadamil (Vilarromarís)
  • Hórreo de Vilarelle (Vilarromarís)
  • Hórreo en Viñán e na Burata (Senra)
  • Hórreo en Carollo (Cardama)
  • Hórreo da Costa (Trasmonte)

Outros elementos do patrimonio

  • Reloxo de sol en Cas (Os Ánxeles)
  • Reloxo de sol no antigo igrexario de Deixebre

Parroquias

Parroquias de Oroso Trasmonte Deixebre Vilarromaris Senra Marzoa Calvente Pasarelos Oroso A Gandara Cardama Os Anxeles O concello de Oroso está constituído por un total de 11 parroquias:

  • Oroso (San Martiño)
  • Trasmonte (Santo Estevo)
  • Deixebre (Santa María)
  • A Gándara (San Miguel)
  • Cardama (Santa María)
  • Senra (Santa Eulalia)
  • Vilarromariz (San Tomé)
  • Os Ánxeles (San Mamede)
  • Marzoa (San Martiño)
  • Calvente (San Xoán)
  • Pasarelos (San Román)

Guía Turística

A guía turística de Oroso, está dispoñible en tres linguas: galego, castelán e inglés. O Concello de Oroso editou un total de 3.500 exemplares, dos que 2.000 están en galego, 1.000 en castelán e outros 500 en inglés. Ao longo das súas 130 páxinas en tamaño A5 donde a fotografía prima sobre o texto.