- 09:00-14:00
- Concello de Oroso
- De 6 a 16 anos
- 60.00 €
O Campus Futsal de Oroso FS CD celebrarase durante tres quendas no verán, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa deportiva e de lecer onde combinarán fútbol sala, piscina, camiñadas, xogos e moitas máis actividades. A proposta está pensada para fomentar a práctica deportiva, a convivencia e a diversión nun ambiente seguro e adaptado ás diferentes idades.
- 12:00-13:00
- Exterior Piscina Municipal
- Todos os públicos
- GRATUITO
Os Bolechas regresan coa súa caravana que se converte nun escenario móbil onde o deporte e a música van da man. Nesta nova aventura, os irmáns organizan un gran karaoke deportivo ao aire libre e convidan o público a cantar, moverse e seguir o ritmo das cancións.
- 09:00-13:00
- Concello de Oroso
- De 8 a 14 anos
- 60.00 €
O Campus Biciescola do Oroso Club Ciclista celebrarase do 6 ao 10 de xullo no Parque do Carboeiro, ofrecendo aos nenos e nenas unha oportunidade para desfrutar da bicicleta nun ambiente lúdico e educativo. Durante cinco xornadas, os participantes combinarán actividades formativas, xogos e saídas en bicicleta por algúns dos roteiros máis emblemáticos da contorna, como o Camiño Inglés, a Vía Verde e o Refuxio.
- 09:00-14:00
- Concello de Oroso
- A partir de 3 anos
- 50.00 €
O Campamento de Verán Hockey Oroso celebrarase durante dúas quendas no mes de xullo, ofrecendo aos nenos e nenas a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do hóckey nun ambiente divertido, deportivo e educativo. Ao longo das xornadas, os participantes realizarán adestramentos técnicos, xogos, actividades de grupo e dinámicas orientadas á mellora das súas habilidades deportivas e á convivencia entre compañeiros.
- 00:00-00:00
- Municipio de Góis
- de 15 a 20 anos
- GRATUITO
O Concello de Oroso a través da Concellería de Cultura organiza un intercambio cultural co fin de ofrecer á xuventude a posibilidade de viaxar, coñecer outras culturas, unha primeira aproximación ao portugués, compartir ideas e inquietudes con mozos/as de Góis.
Destinatarios
O intercambio está dirixido a mozos/as con idades comprendidas entre 15 e os 20 anos, nacidos entre os anos 2005 e 2009. Terán preferencia os empadroados no Concello de Oroso.Daas e lugar de realización
O intercambio desenvolverase do 6 ao 12 de xullo no Municipio de Góis.Sistema de participación
- A solicitude de inscrición farase do 15 ao 19 de xuño no rexistro do Concello de Oroso de 9:00h. a 13:30h. ou a través da sede electrónica.
- A adxudicación de prazas será por orde de presentación ata completar as 15 dispoñibles.












