A través dos Servizos Xerais, o Concello de Oroso facilita a toda a veciñanza e visitantes a posibilidade de personarse nas súas dependencias e facer xestións municipais, solicitar información sobre o municipio e a propia administración local ou facer o rexistro de entrada de documentos entre outros trámites.
Ademáis, poden facer consultas cos técnicos municipais, entre eles os dos departamentos de Secretaría, Intervención, Contabilidade, Padrón, ...

Servizos e funcións

  • Xestión do padrón de habitantes
  • Información sobre calquera servizo municipal
  • Atender peticións sobre actividades e convocatorias municipais: concursos, oposicións, ...
  • Recoller documentación e dar información relativa a cursos, xornadas e outras actividades organizadas polo Concello
  • Dar entrada de documentos a través do rexistro municipal de entrada
  • Informar sobre como e onde realizar unha xestión na administración municipal e a documentación precisa
  • Informar sobre a localización e horarios de equipamentos municipais: pavillón, biblioteca, ...
  • Dar información aos peregrinos e turistas
  • Información e padrón
  • Control da recadación municipal (en colaboración coa Deputación da Coruña)
  • Contratación e licitacións, xestión de expedientes
  • Fiscalización económica, orzamentaria e financeira
  • Desenvolvemento da contabilidade municipal referida ao orzamento municipal