Oroso debe ser un municipio sustentable, accesible e de calidade. A mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Oroso é un dos principios para o Concello. A través do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado definitivamente na orde 16/02/05, Oroso terá un territorio máis habitable e realizará a integración do territorio, a paisaxe e os espazos naturais.

Dende a Oficina Municipal de Urbanismo preténdese ofrecer unha atención personalizada a todas as persoas, empresas e promotoras que soliciten información de calquera asunto relacionado coas súas competencias.

Na Oficina de Urbanismo, situada na Rúa do Tambre, esquina Rúa Lengüelle, no núcleo urbano de Sigüeiro as súas consultas serán atendidas por un arquitecto, un arquitecto técnico e un técnico urbanista.

Funcións:

  • Información urbanística das parcelas do concello
  • Tramitar e xestionar licencias
  • Aportar información e explicacións sobre o PXOM
  • Vixiar a disciplina urbanística de obras particulares, tanto no inicio da actividade como no seu desenvolvemento e execución
  • Informar e tramitar licencias de obras menores (cambio de teito na casa, por exemplo) e obras maiores (construción dunha nova vivenda, por exemplo)
  • Información e certificacións catastrais


Realizar trámites en liña a través da sede electrónica

Consulta PXOM orixinario e modificacións puntuais.

PXOM

Plan Xeral de Ordenación Municipal

Consulta toda a información do PXOM: normativa, planos, catálogono de patrimonio, tipos de solos, ...

sedecatastro

CASTASTRO

Sede electrónica do Catastro

Acceso ós datos de información catastral a través do portal da Sede do Catastro

SAN MARTIÑO II

Polígono Industrial

Accede á información do Polígono Industrial de San Martiño II: planos, memoria, proxecto, ...

ESTATUTOS

Parque Empresarial de Sigüeiro

Estatutos da entidade urbanística de conservación do Parque Empresarial de Sigüeiro.