- 18:00-22:00
- Praza Isaac Díaz Pardo
- Todos os públicos
- GRATUITO
O vindeiro 19 de xuño ás 18:00 h, a Praza Isaac Díaz Pardo de Sigüeiro acollerá o Torneo de Xadrez Oroso Fin de Curso, aberto á participación de toda a veciñanza.
Unha oportunidade perfecta para gozar dunha tarde diferente, compartir partidas e fomentar o pensamento estratéxico entre participantes de todas as idades.
- 08:00-23:59
- Escola de Música José Verea
- Todos os públicos
- GRATUITO
O Concello de Oroso abre o prazo de matrícula para o curso 2026/2027 da Escola de Música José Verea dende o 16 ao 30 de xuño.
Documentación é información na sección da Escola de Música
- 09:00-14:00
- Concello de Oroso
- Artistas nados ou residentes en Oroso
- GRATUITO
O Concello de Oroso, a través da Concellería de Cultura, organiza o Certame OrosoGóisArte 2026 co desexo de promover as artes plásticas entre a veciñanza e, especialmente, como apoio a artistas novos locais.
Destinatarios Artistas plásticos nados ou residentes en Oroso
Inscrición Folla inscrición
Prazo de inscrición Do 15 ao 26 de xuño de 2026
Exposicións
- 10:00-13:30
- Praza do Concello
- Todos os públicos
- GRATUITO
O Concello de Oroso organiza unha nova Andaina solidaria en apoio á Asociación de Axuda a Nenos/as Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).
Será o domingo 14 de xuño e a saída ás 10:00 horas desde a praza do Concello.
O percorrido será de cinco quilómetros con participación libre.
Xuntos, podemos achegar o noso gran de area e contribuír a unha gran causa!
Os donativos podense realizar a través de Bizum co código 11243, ou directamente o día da andaina na praza do Concello.
Máis información no teléfono 981 92 79 01 ou deportes@oroso.gal
Unha cita para toda a veciñanza e visitantes na que o deporte e a solidariedade camiñan da man.
- 09:00-22:00
- Escola de Trasmonte
- Maiores de idade
- 90.00 €
O Concello de Oroso acolle unha nova formación homologada pola Xunta de Galicia, imprescindible para quen queira comprar e aplicar produtos fitosanitarios.
O curso terá lugar na Escola de Trasmonte dende o 12 ao 21 de xuño, un total de 25 horas de formación durante os venres pola tarde de 17 a 22 horas e os fins de semana pola mañá de 9 a 14 horas, para facilitar a asistencia.
As prazas son limitidas, e o prezo da actividade é de 90 € (taxas incluidas).
A inscrición pódese realizar a través dos teléfono 886 203 763 e 654 093 411












