Aula de Informática vén a ser un servizo que se oferta a todo o concello para facilitar e achegar o mundo da informática á cidadanía.
A función principal da aula de informática de Oroso é servir de soporte a tódolos veciños do concello que queiran aproveitar os servizos que nela se ofrecen.
A Aula de informática está integrada dentro na rede CeMIT da Xunta de Galicia e na Aula Mentor do Ministerio de Educación e Formación Profesional, para ofrecerlle a veciñanza un lugar de formación regrada e non regrada cun abanico de cursos de formación e preparación para diferentes probas e titulacións académicas.

Servizos

Estarán asesorados e coordinados por un profesional que en todo momento atenderá as demandas dos usuarios.

  • Uso dos equipos informáticos e asesoramento en caso necesario
  • Uso de programas diversos (ofimática, deseño, cálculo ...)
  • Acceso gratuíto a internet
  • Información acerca dos sitios mais visitados na rede (emprego, prensa, cursos, correos electrónicos, chats ...)
  • Cursos CeMIT e Aula Mentor
  • Formación adultos (preparación probas ESO, ...)

Recentemente, dende principio do 2023 e co fin de acercar a administración a todos os veciños e veciñas, o Concello de Oroso puxo en marcha dous novos servizos para axudar e simplificar os procesos de acceso e trámites coa Administración:

Para estes servizos recoméndase solicitar cita previa telefónica no teléfono 981 973 927.

Instalacións e material

Para darlles servizo ós/ás usuarios/as a Aula de Informática conta cos seguintes recursos:
  • 15 Ordenadores de uso libre conectados en rede e con acceso a internet
  • 1 Ordenador con impresora en rede
  • 1 Ordenador portátil
  • 1 Televisor
  • 1 Proxector
  • 1 Impresora 3D
  • Gafas de realidade virtual
  • Drons
  • Placas programación Arduino e Raspberry
  • Mesas e cadeiras para o correcto funcionamento do servizo

Cursos para adultos

  • Competencias Dixitais (COMDIX)
  • Innovación social
  • Iniciación e perfeccionamento do contorno windows
  • Iniciación a Internet
  • Deseño de páxinas web
  • Ofimática (libreOficce, Microsoft)
  • Mecanografía
  • Iniciación á Informática

Cursos para nenos

  • Impresión 3D
  • Manexo de drons
  • Realidade aumentada
  • Iniciación e perfeccionamento do contorno windows
  • Iniciación a Internet
  • Deseño de páxinas web
  • Habilidades e manexo do ordenador
  • Xogos didácticos
  • Mecanografía
  • Iniciación á Informática