X Carreira Pedestre Concello de Oroso
Información:
  • 26-05-2024
  • 10:00 - 14:00
  • Todos os públicos
  • 5.00
Inscrición - Reserva

Localización: Sigüeiro

X Carreira Pedestre Concello de Oroso

O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición na décima edición da Carreira Pedestre “Concello de Oroso”, que terá lugar o domingo 26 de maio ás 10:00 horas cun percorrido de 10 km.

Data26 de maio ás 10:00 horas

Prazo Inscrición22 de maio ás 23:59 horas

Regulamentodescargar



Categorias

Proba Categoría Idade Hora Distancia
Absoluta Sen-S23-S20-S18 Nados/as 1989-2008 10:00 10.000 m.
Absoluta Máster 1 Nados/as 1978-1988 10:00 10.000 m.
Absoluta Máster 2 Nados/as 1968-1977 10:00 10.000 m.
Absoluta Máster 3 Nados/as 1967 e anteriores 10:00 10.000 m.
Escolar Sub-6 Nados/as 2019 e posteriores 11:20 300 m.
Escolar Sub-8 Nados/as 2017-2018 11:30 300 m.
Escolar Sub-10 Nados/as 2015-2016 11:40 1.000 m.
Escolar Sub-12 Nados/as 2013-2014 11:50 1.000 m.
Escolar Sub-14 Nados/as 2011-2012 12:00 2.000 m.
Escolar Sub-16 Nados/as 2009-2010 12:10 3.000 m.
Escolar Sub-18 Nados/as 2007-2008 12:10 3.000 m.


Información xeral

As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello.

Recollida de dorsais

Os dorsais poderanse recoller nas oficinas do Centro Deportivo Municipal o sábado 25 de maio de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (opción recomendable especialmente para participantes locais). O día da proba os dorsais recolleranse no Centro Cívico situado a carón da saída da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.

Avisos e cortes no percorrido

O domingo 26, durante o trancurso da carreira, estará aberta a piscina municipal de 11:00 a 14:00 con uso gratuito para corredores e veciñanza.

As rúas e zonas polas que transcorren as probas da carreira pedestre estarán cortadas ó tráfico. Podes consultar aquí cales son.

Compartir: