O Concello de Oroso vén de sacar a licitación a
construción do novo Local Social de Oroso, un proxecto que a parroquia leva
esparando máis de dez anos e que por fin inicia o seu camiño para converterse nunha
realidade.
O novo edificio situarase no lugar de A Penela, nunha parcela municipal de máis de
16.000 m², e permitirá dotar á parroquia dun espazo sociocultural novo. ...
O Concello de Oroso informa de que xa saíron a licitación catro novas actuacións destinados á creación de sendas peonís en distintos puntos do municipio, cun investimento total que ascende a case 350.000 euros.
Estas actuacións están financiadas a través do Plan de Obras e Servizos (POS)
Provincial 2025 e teñen como obxectivo mellorar a seguridade viaria, favorecer a
mobil ...
A tarde do 5 de xaneiro, a pesar da chuvia, Sigüeiro enchouse de ilusión coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis, unha xornada especial chea de emoción para a cativada e para as familias do noso concello.
Este ano, os Reis Magos chegaron ao Concello de Oroso moi cedo, percorrendo as distintas parroquias para recoller os encargos e desexos dos máis pequenos antes da gran ...
O Concello de Oroso vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) o anuncio polo que se aproba o procedemento de alleamento de parcelas de titularidade municipal, co obxectivo de poñer a disposición da cidadanía solo municipal mediante un proceso aberto, público e transparente.
O procedemento realizarase mediante poxa pública, e inclúe un total de 16 lotes, ...
O Concello de Oroso informa do inicio das obras da primeira fase da construción da nova senda peonil que conectará Vilarelle con Valverde, na parroquia de Vilarromarís. Esta actuación —moi demandada pola veciñanza— supondrá unha mellora significativa na mobilidade a pé e na seguridade vial no ámbito rural.
O proxecto contempla a execución dunha senda de case un quilómetr ...


















