Dende o Departamento de Ensino do Concello de Oroso queremos mellorar e optimizar o servizo de Comedor Escolar no CEIP Camiño Inglés, o obxectivo é darlle continuidade para o próximo curso escolar 2023/24.

Para os que xa estades utilizando o servizo, a continuación explicamosvos como serían os pasos a seguir para matricular o/a voso/a fillo/a para o vindeiro curso:

1

Prazo Renovacióndo 12 ao 23 de xuño de 2023

2

Novas Matrículasdo 26 de xuño ao 7 de xullo de 2023

3

Publicación listaxes Admitidos21 xullo de 2023



Formalización da solicitude no Comedor Escolar CEIP Camiño Inglés

  • Documentación a presentar
    • Matrícula (folla de inscrición)
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria
    • 1 fotografía tamaño carné
    • Carta domiciliación (as mensualidades serán cobradas polo Concello de Oroso mediante domiciliación bancaria)
    • Xustificante de pago da matrícula. O pago realizaranse a través da páxina web: www.oroso.gal no apartado Oficina Virtual, Pago Tributos, é imprimindo o resgardo de pagamento para adxuntalo coa folla de matrícula
    • Certificado ou informe médico se o/a usuario/a padece algunha enfermidade, intolerancia, alerxia a ter enconta pola empresa encargada do servizo de comedor
    • Documentación acreditativa de ser familia numerosa se é o caso
    • Fotocopia dos DNI dos progenitores ou tutores así como das persoas autorizadas

  • Información e presentación da documentación
    • O importe da matrícula é de 20€ e non é reembolsable
    • O importe da mensualidade é de 55€
    • O importe para días soltos é de 5€/día
    • Aplicaranse os descontos nas familias numerosas unicamente nas mensualidades
    • Máis información e recollida de documentación no centro cultural
    • Esta documentación deberá presentarse no rexistro municipal do Concello de Oroso nos prazos sinalados ou na Sede electrónica
    • No caso das matrículas novas se o curso estivese empezado hai que formalizar a matrícula 3 días antes do comezo no servizo de comedor para poder facer os trámites oportunos