Campamentos Deportivos 2024
Información:
  • 07-07-2024 a 12-07-2024
  • 00:00 - 23:59
  • de 9 a 14 anos
  • 85.00
Inscrición - Reserva

Localización: IES Rosalía de Mera

Campamentos Deportivos 2024

A Deputación Provincial da Coruña abre o prazo para que os nenos e nenas se apunten ós campamentos deportivos de veran que se levarán a cabo nos meses de xuño e xullo. Os campamentos están destinados á rapazada de 9 a 14 anos e desenvolveranse no IES Rosalia de Mera, ubicado na cidade da Coruña, cunha duración de 6 días. O prazo do campamento é de 85 €, e inclue o transporte, aloxamento e manuntención así como o custe das actividades.

Datas3ª quenda: do 7 ao 12 de xullo

Inscriciónata o 28 de maio a través do rexistro do concello



Actividades

O material propio das actividades deportivas será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.
  • Deportes náuticos
  • Actividades ao aire libre
  • Xornada de praia
  • Actividades no centro
  • Visitas culturais, deportivas e etnografías

Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respeto polos demáis.

Equipo recomendado

  • Saco de durmir  (Obrigatorio)
  • Roupa de rúa e para a práctica deportiva
  • Útiles e equipamento deportivo (traxe de baño, chanclas, ...)
  • Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, ...)
  • Toallas de aseo
  • Lanterna
  • Gafas de sol
  • Crema protectora
  • Chuvasqueiro
  • Mochila pequena


Documentación e inscrición

Para a formalización a inscrición, debes entregar no rexistro do concello (presencial ou telemático)
  • Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada
  • Fotocopia do carnet de identidade ou libro de familia e tarxeta sanitaria
  • Copia do aboamento da cota de inscrición (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na web)
  • No caso de tratamento ou doenza achegar informe médico no que se indique cuestións relativas a tratamentos médicos periódicos, alerxias, intolerancias e/ou outras consideracións de saúde a ter en conta


Resultados sorteo

Consulta o resultado do sorteo. A Deputacion concede a Oroso 5 prazas, quedando os restantes a espera de renuncias ou que se concedan máis prazas.

Compartir: