Dende a Concellaría de Servizos Sociais, Maiores e Sanidade, póñense en marcha os seguintes obradoiros municipais para persoas maiores de 60 anos e empadroadas no concello:
- Ximnasia
- Taichi
- Ioga
- Baile
- Obradoiros de Memoria
- Informática
Dirixidopersoas de 60 anos ou máis
PrazosInscrición do 11 ao 23 de setembro
InscriciónDescargar impreso
Requisitos das persoas destinatarias
- Ter 60 ou máis anos.
- Estar empadroado/a no Concello de Oroso.
- Non estar afectado/a por enfermidade infecto-contaxiosa.
- Que a actividade a desenvolver sexa compatible co estado de saúde e a situación sanitaria do/da solicitante.
Criterios e condicións requeridas na selección das persoas usuarias no caso de que a demanda supere o número de prazas dispoñibles
- Preferencia das persoas que nunca participaron na actividade en anos anteriores.
- En iguais condicións preferencia das persoas con maior idade.
- En iguais condicións preferencia daquelas persoas que polo seu estado de saúde se aconselle por prescrición médica a participación na actividade.
- En iguais condicións preferencia das persoas que vivan soas ou sen rede de apoio familiar e social.
- A presentación desta solicitude non confire de forma automática praza nas actividades solicitadas. A fin do prazo de inscriccións sairá publicada a listaxe coas persoas admitidas en cada actividade.
- As prazas das distintas actividades serán asignadas por orde de presentación no rexistro municipal, tendo en conta os criterios establecidos anteriormente.
Lugar de inscrición
- Presentar o impreso de solicitude no Rexistro Municipal do Concello no horario de atención ao público.