O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Cultura, María Requejo, estiveron esta mañá visitando o mural cos integrantes da Asociación de Veciños de Penateixa

A Gándara estrea un novo mural no Local Social Charo López Díaz

A Gándara conta cun novo mural no Local Social Charo López Díaz, unha intervención artística inaugurada polo Concello de Oroso xunto coa Asociación de Veciños Penateixa e realizada no marco do programa DesOrdes Creativas, impulsado pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

A nova creación súmase ás actuacións de mellora realizadas anteriormente neste edificio, c ...

ler máis
Presentación do cartel da nova edición do Pepotazo, na que etivo presente o alcalde, Álex Doval, a concelleira de Cultura, María Requejo, e membros da Comisión de Festas de Barciela-Sigüeiro

O Pepotazo regresa o 26 de decembro con máis música, artistas e sorpresas na Alameda de Góis

O Concello de Oroso acolleu a presentación da cuarta edición de O Pepotazo, a festa de prefin de ano que se celebrará o vindeiro sábado 26 de decembro na Alameda de Góis, en Sigüeiro. O acto contou coa participación do alcalde de Oroso, Álex Doval; a concelleira de Cultura, María Requejo; e membros da Comisión de Festas de Barciela-Sigüeiro, encargada da organización do evento.
< ...

ler máis
Veciños de Oroso e Frades na excursión á Costa da Luz e ao Algarve

Oroso e Frades comparten unha semana de convivencia na excursión á Costa da Luz e ao Algarve

O Concello de Oroso vén de facer balance positivo dunha nova excursión á Costa da Luz e ao Algarve, celebrada a pasada semana e organizada por Excursiones Miranda coa colaboración dos concellos de Oroso e Frades.

Esta actividade forma parte dunha iniciativa que, ao longo dos últimos tres anos, permitiu realizar máis dunha decena de excursións, nas que participaron máis de ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, co deputado provincial, Antonio Leira, o artista Sokram e os concelleiros Jesús Fernández e Oscar Rodríguez

O Centro Cívico de Sigüeiro estrea «Viaxe interior», un mural de Sokram dentro do proxecto Arte no Camiño

O Centro Cívico de Sigüeiro conta cunha nova intervención artística. O artista Sokram é o autor de «Viaxe interior», un mural realizado no marco da terceira edición do proxecto Arte no Camiño, impulsado pola Deputación da Coruña coa colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, da Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía e dos municipios participantes.
< ...

ler máis
A delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, visitou as instalacións do centro cultural acompañada polo alcalde de Oroso, Álex Doval.

Oroso inicia as obras de mellora do Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa cun investimento de preto de 40.000 euros

O Concello de Oroso vén de iniciar as obras de mellora do Centro Cultural Fernando de Casas Novoa, cun investimento de preto de 40.000 euros, financiado ao abeiro dunha axuda da Xunta de Galicia destinada á mellora das infraestruturas culturais.

A intervención centrarase na mellora dos accesos ao edificio e na renovación da pintura interior do auditorio, co obxectivo de modernizar ...

ler máis