O Concello de Oroso e a Cámara Municipal de Góis profundizan no seu irmandamento incluíndo un intercambio cultural para mozos

O alcalde de Oroso, Alex Doval, na reunión mantida co seu homólogo en Góis, Rui Sampaio

O certame artístico OrosoGóisArte realizarase no mes de xullo en Góis
Abriráse por primeira vez a posibilidade de participar nun intercambio cultural

O Concello de Oroso mantivo unha reunión de traballo co Municipio de Góis que permitiu reforzar os lazos que os unen a través do diálogo e a procura de iniciativas no ámbito cultural.

Tanto Góis como Oroso levan irmandados dende 2007, presentando un conxunto de afinidades que se materializan coa iniciativa GóisOrosoArte, sendo esta a razón principal do encontro entre os respectivos alcaldes Álex Doval e Rui Sampaio.

A edición 2024 de GóisOrosoArte terá lugar do 12 ao 14 de xullo, en Góis, baixo o cartel "Liberdade: ser libre é... ", no marco da conmemoración municipal do 50 aniversario do 25 de abril", incluído nun calendario que terá lugar durante sete meses, de marzo a outubro.

Tras esta reunión de traballo, poñerase en marcha unha nova iniciativa de intercambio cultural para os mozos e mozas de ambos os concellos para que poidan desfrutar de unha experiencia cultural noutro país como é Portugal.

O alcalde de Oroso, Alex Doval, agradece a predisposición do seu homólogo en Góis e destaca “a visión conxunta de ofrecer unha variedade de iniciativas de carácter cultural que enriquezan neste ámbito abrigo aos mozos máis novos”

Compartir: