Escolas Infantís

A Escola Infantil Municipal A Ulloa (EIM A Ulloa) dispón dun total de 56 prazas repartidas en 3 unidades: 0-1 anos (8 prazas), 1-2 anos (13 prazas) e 2-3 anos (20 prazas) de 0-3 (15 prazas). As instalacións da EIM cumpren coas medidas establecidas polas inspeccións anuais de centros de infancia e sanitarias, e constan de tres aulas, un salón de usos múltiples-comedor, cociña, patio cuberto, horta, xardín e parque infantil exterior.

UsuariosNenas e nenos
de 0 a 3 anos

Horario7:30 a 20:30 horas

XornadasCompleta, mañá ou tarde



Procedemento e prazos da escola infantíl

Procedemento Prazo
Prazo ordinario de presentación de solicitudes do 16 de marzo ao 5 de abril
Publicación de listaxes provisionais 6 de maio
Prazo de reclamacións 5 días hábiles posteriores
Publicación de listas definitivas 31 de maio
Formalización da matrícula do 3 ao 14 de xuño


Formalización de solicitudes

  • Documentación a presentar
    • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte da nai, pai e, se é o caso, dos representantes legais
    • Fotocopia cotexada do Libro de Familia, no seu defecto outro documento que acredite oficialmente a situación familiar
    • Xustificante de ocupación ou desemprego (últimas nóminas, certificación de empresa ou certificación de ser demandante de emprego)
    • Certificado de recoñecemento de grao de discapacidade alegado polos membros da unidade familiar, só no caso de que non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia
    • Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegades polos membros da unidade familiar
    • Informe sobre a necesidade de integración no caso de nenas/os con necesidades de apoio específico
    • Documento acreditativo de incidencias tales como: separación do cónxuxe, abandono do fogar, maltrato, etc
    • Informe dos servizos sociais do concello correspondente, no suposto de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familiar
    • Xustificación de ingresos
    • Certificado de convivencia (só para as unidades familiares que residan fóra do concello de Oroso)

  • Lugar de presentación da documentación:
    • Preferentemente na  Sede electrónica  ou no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 12 horas

  • Información


A Escola Infantil Chousa Nova da rede autonómica “A Galiña Azul” dispón dun total de 40 prazas repartidas en 3 unidades: 0-1 anos (6 prazas), 1-2 anos (14 prazas) e 2-3 anos (20 prazas).

UsuariosNenas e nenos de 0 a 3 anos

Horario8:00 a 18:00 horas

XornadasCompleta (+ de 4 h.)
Media (- de 4 h.)



Comunicados

11/05/2021
Listaxe provisional de admisións e agarda


Procedemento e prazos da escola infantíl

Procedemento Prazo
Prazo ordinario de presentación de solicitudes do 16 de marzo ao 5 de abril
Publicación de listaxes provisionais 6 de maio
Prazo de reclamacións 5 días hábiles posteriores
Publicación de listas definitivas 31 de maio
Formalización da matrícula do 3 ao 14 de xuño


Formalización de solicitudes

  • Documentación a presentar
    • Anexo I
    • Anexo II
    • Anexo III, no caso de optar á axuda do programa cheque infantil
    • Copia cotexada ou dixitalizada do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
    • Certificado de discapacidade ou do grao e nivel de dependencia cando non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia
    • Copia da resolución administrativa de acollemento, no caso de acollementos formalizados por outra comunidade autónoma
    • Xustificación de ocupación ou desemprego actualizada:
      • No caso de persoas por conta allea: copia da última nómina, certificación de empresa ou vida laboral; no caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas
      • No caso das persoas desempregadas, certificación de ser demandante de emprego (con efectos do día anterior ao da publicación desta resolución) da nai, do pai, da titora ou titor legal ou do acolledor ou acolledora
    • Se procede, outros documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:
      • Informe dos servizos sociais do concello correspondente para acreditar as responsabilidades familiares no caso de que existan membros que, non formando parte da unidade familiar, estean a cargo dela
      • Certificado de discapacidade ou do grao e nivel de dependencia da nai, do pai, do acolledor ou acolledora, do titor ou titora legal e/ou doutros membros da unidade familiar, no caso de certificados que non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia
      • Informe médico expedido polos servizos públicos de saúde, no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións dos membros da unidade familiar
      • Certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais, no caso de familia monoparental. Enténdese por familia monoparental a unidade familiar formada por unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento
      • O título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia
      • Informe dos servizos sociais do concello correspondente, no caso de ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais
    • Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos:
      • Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar
      • Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero
      • Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local
      • Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local
      • Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia
      • Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social
    • Certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo concello correspondente no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes que, en todo caso, deberá ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicite a praza, nos supostos de escolas infantís situadas en concellos limítrofes con outras comunidades autónomas
    • Cando se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar, poderán presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica, sempre e cando as variacións de ingresos supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente ao ano 2013

  • Lugar de presentación da documentación:

  • Información