X Carreira Pedestre Concello de Oroso

  • 10:00-14:00
  • Sigüeiro
  • Todos os públicos
  • 5.00 €

O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición na décima edición da Carreira Pedestre “Concello de Oroso”, que terá lugar o domingo 26 de maio ás 10:00 horas cun percorrido de 10 km.

As inscricións rematarán o mércores 22 de maio ás 23:59 horas e realizaranse na páxina web www.carreigasgalegas.com

Ademais da carreira da proba absoluta, terán lugar as carreiras de categorías escolares: sub6, sub8, sub10, sub12, sub14, sub16 e sub18.

Viaxe a: Cantabria, Bilbao e Asturias

O Concello de Oroso e o Concello de Frades organizan unha viaxe a Cantabria, Bilbao e Asturias, que terá lugar do 13 ao 16 de maio.

  • Anotacións do 22 de abril ao 3 de maio no Concello (981 69 14 78). O número de asento no bus outorgarase por orde de inscrición (terán preferencia as persoas empadroadas en Oroso e Frades).
  • Prezo: 375 €. Inclúe: 3 noites en habitación dobre, 4 xantares, 3 almorzos e 3 ceas e visitas a: Santander, Parque de Natureza de Cabárceno, Castro Urdiales, Laredo, Santoña, Bilbao, San Vicente de La Barquera e Cudillero.

XXVI Concurso de Pesca

  • 08:00-14:00
  • Sigüeiro
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

O XXVI Concurso de Pesca do Concello de Oroso terá lugar o sábado 11 de maio entre ás 08:00 horas e ás 20:30 horas no coto do río Tambre.
O concurso infantíl celebrarase o domingo 12 de maio a partir das 09:30 horas da mañá na lagoa do río Carboeiro.
Para participar en ambos concursos será necesario realizar a inscrición previa antes do 9 de maio.
Os trofeos dos premiados serán entregados o domingo 12 de maio despois do pregón da Festa da Troita.

XXVI Festa da Troita 2024

  • 08:00-23:59
  • Sigüeiro
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

O Concello de Oroso organiza a XXVI Festa da Troita 2024, durante os días 10, 11 e 12 de maio en Sigüeiro.
Unha festa declarada de interese turístico e na que a gastronomía, a música, o deporte e a cultura non faltarán nesta nova cita.
Non perdas a oportunidade e acércate para disfrutar das nosas troitas, dos espectáculos musicais que terán lugar, do campionato de pesca ou da feira de artesanía.
Agardámoste!!!

Tarde de Baile para Maiores

Tarde de Baile para Maiores acollerá no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro Bailes para Maiores o sábado 4 de maio, dende ás 19:00 ata ás 21:30 horas a cargo do Dúo Compás. A entrada é totalmente libre e de balde.