Comeza o asfaltado integral na contorna da Praza Alexandre Bóveda

Asfaltado rúas en Sigüeiro

O Concello de Oroso informa de que, a partir do martes 15 e ata o venres 18 de setembro, levaranse a cabo os traballos de asfaltado integral de varias vías da contorna da Praza Alexandre Bóveda, en Sigüeiro.

Durante o desenvolvemento destas actuacións será necesario cortar temporalmente o tráfico nas seguintes rúas:       

  • Rúa Castaño
  • Rúa Travesa
  • Rúa do Medio
  • Rúa Mediodía
  • Rúa da Insúa
  • Avenida de Compostela (carril auxiliar)

Os cortes estarán activos durante o período no que se desenvolvan os traballos, polo que desde o Concello se recomenda á veciñanza planificar os desprazamentos con antelación e evitar acceder co vehículo ás zonas afectadas.

Alternativas de estacionamento

Para facilitar o estacionamento durante estes días, estarán dispoñibles como alternativas a Alameda de Góis e a explanada situada nas inmediacións da Renault.

O Concello de Oroso agradece de antemán a colaboración e comprensión da veciñanza e das persoas usuarias destas vías ante as molestias puntuais que poidan ocasionar os traballos.

Esta actuación forma parte das intervencións previstas para avanzar na mellora e renovación do viario de Sigüeiro, contribuíndo a mellorar o estado das rúas e a seguridade e comodidade dos seus usuarios.

Compartir: