A Xunta de Goberno do ZES aproba novos investimentos para mellorar o Centro Empresarial de Sigüeiro
A Xunta de Goberno da Entidade UrbanÃstica de Conservación do Centro Empresarial de Sigüeiro (ZES) celebrou hoxe unha nova sesión de traballo na que se abordaron distintos asuntos relacionados coa xestión do polÃgono e se aprobaron importantes actuacións destinadas a seguir mellorando as súas infraestruturas e os servizos que ofrece ás empresas instaladas.
Entre os acordos adoptados destaca a aprobación das contas correspondentes ao exercicio 2025, asà como do orzamento para o ano 2026, un documento que permitirá continuar desenvolvendo actuacións de mantemento, conservación e mellora nun dos principais motores económicos do municipio.
A reunión serviu tamén para dar luz verde a un importante plan de investimentos que reforzará tanto a competitividade do parque empresarial como a súa integración coa contorna urbana.
Mellora da sinalización do polÃgono
Unha das actuacións máis relevantes será a renovación e actualización da sinalización do Centro Empresarial de Sigüeiro, cun investimento de 50.000 euros que se executará antes de finalizar o presente ano.
Esta intervención permitirá mellorar a orientación tanto de vehÃculos como de peóns, facilitar o acceso ás empresas instaladas e incrementar a seguridade viaria dentro do parque empresarial, contribuÃndo ademais a ofrecer unha imaxe máis moderna e ordenada dun espazo que continúa medrando en actividade económica.
Nova senda peonil entre Oroso de Abaixo e a Alameda de Góis
Outro dos acordos destacados foi a aprobación dun investimento de 150.000 euros para a execución dunha nova senda peonil en formigón desactivado entre Oroso de Abaixo e a Alameda de Góis, seguindo o trazado do Camiño Inglés ao seu paso polo municipio.
A actuación permitirá mellorar as condicións de mobilidade peonil e reforzar a seguridade das persoas que utilizan diariamente este itinerario, tanto veciños como peregrinos, ao tempo que contribuirá á integración do polÃgono coa trama urbana de Sigüeiro.
O emprego de formigón desactivado responde tamén á vontade de crear un percorrido máis accesible, duradeiro e plenamente integrado na contorna, mellorando a experiencia das persoas usuarias e a imaxe dun dos principais accesos ao municipio.
Esta actuación dará continuidade ás melloras de mobilidade sostible impulsadas nos últimos anos na contorna da Alameda de Góis, onde recentemente se executaron actuacións como o novo aparcadoiro disuasorio, reforzando a conectividade entre os diferentes espazos urbanos de Sigüeiro.
Un polÃgono en constante modernización
O Centro Empresarial de Sigüeiro constitúe un dos principais polos económicos da comarca e un elemento estratéxico para o desenvolvemento industrial e empresarial de Oroso. A colaboración entre a Entidade UrbanÃstica de Conservación, as empresas asentadas no parque e o Concello permite continuar impulsando actuacións que melloran os servizos, a mobilidade e a competitividade deste espazo.
Dende o Concello de Oroso valoramos moi positivamente os acordos adoptados nesta Xunta de Goberno, que supoñen novos investimentos para seguir modernizando o Centro Empresarial de Sigüeiro e mellorando tanto a súa funcionalidade como a calidade dos espazos públicos.
Estas actuacións reforzan o compromiso compartido por continuar facendo do ZES un parque empresarial moderno, accesible e competitivo, preparado para responder ás necesidades das empresas e seguir xerando oportunidades de emprego e desenvolvemento económico para o municipio.


