A V Media Maratón e 10K do Camiño Inglés volveu converter Oroso nun referente do atletismo popular
O Concello de Oroso acolleu este domingo a chegada da V Media Maratón e 10K do Camiño Inglés, unha cita xa plenamente consolidada no calendario do atletismo galego que reuniu a centos de corredores e corredoras para percorrer un dos trazados máis singulares da comunidade, seguindo parte do histórico itinerario xacobeo entre os concellos de Ordes e Oroso.
A proba, organizada pola Sociedade Deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle, coa colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, da Federación Galega de Atletismo e da Deputación da Coruña, volveu combinar deporte, patrimonio, natureza e promoción turÃstica nun evento que medra edición tras edición.
A media maratón, de 21 quilómetros, tivo a súa saÃda na igrexa de Ardemil (Ordes), mentres que a carreira de 10 quilómetros partiu da área recreativa dos Carabelos, en Ponte Pereira. Ambas as probas remataron na contorna da Piscina Municipal de Sigüeiro, no Concello de Oroso, tras percorrer diferentes tramos do Camiño Inglés, un itinerario que destaca polo seu valor histórico, paisaxÃstico e cultural.
O bo tempo, a excelente organización e a colaboración do voluntariado, dos clubs deportivos, dos corpos e forzas de seguridade, dos servizos sanitarios e de todas as persoas implicadas contribuÃron ao perfecto desenvolvemento dunha xornada que volveu converter o deporte nunha auténtica festa.
Desde o Concello de Oroso quérese trasladar o máis sincero parabén a todos os corredores e corredoras que participaron nesta quinta edición, asà como un especial agradecemento á organización e ás numerosas persoas voluntarias que fixeron posible un ano máis unha proba destas caracterÃsticas.
A Media Maratón e o 10K do Camiño Inglés consolidáronse como un evento que vai moito máis alá da competición deportiva, contribuÃndo á promoción do Camiño Inglés como un dos itinerarios xacobeos con maior crecemento dos últimos anos e dando a coñecer o patrimonio natural e cultural dos municipios polos que discorre o percorrido.
O Concello de Oroso reafirma asà o seu compromiso coa promoción do deporte, dos hábitos de vida saudables e da organización de eventos que dinamizan o municipio e proxectan a imaxe de Oroso como un referente para o atletismo popular e para o turismo deportivo.
Consulta as clasificacións e os tempos oficiais da carreira na web de Carreiras Galegas.




