Entrega dos títulos da concentración parcelaria en Oroso
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, acompañado da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou hoxe en Oroso no acto de entrega dos títulos da concentración parcelaria que afecta ás parroquias de Ánxeles, Calvente, Pasarelos e Marzoa.
Este proceso supuxo unha reordenación territorial de 1.374 hectáreas, propiedade de 899 titulares, que pasaron de 7.175 parcelas cunha media de 1.900 m² a 1.486 predios, cunha media de 9.246 m². A actuación, na que a Xunta investiu 2,3 millóns de euros, permitiu mellorar a estrutura da propiedade e favorecer a rendibilidade das explotacións agropecuarias.
Durante o acto, o presidente destacou que a ordenación da terra é un motor estratéxico para o desenvolvemento do rural galego, e agradeceu a implicación dos concellos e dos propietarios neste camiño fundamental para modernizar o territorio.
O alcalde, Alex Doval, celebrou esta nova etapa para o noso rural, convencido de que un territorio ordenado é sinónimo de futuro, de aproveitamento responsable e de progreso para toda a veciñanza.
Seguiremos traballando da man das administracións e dos propietarios para construír un rural forte, competitivo e con oportunidades.
Acceso ó bando informativo
Aviso entrega de títulos




