A Xunta de Galicia financia a renovación do mobiliario do Local de Maiores de Oroso

Oo alcalde de Oroso, Álex Doval, a Concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Lidia López, e o director do Consorcio Galego na visita ó Local de Maiores de Oroso.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde de Oroso, Alex Doval, para mellorar o local dos maiores do concello. O ente autonómico financiará con preto de 18.000 euros a renovación do mobiliario deste local que comparte inmoble co Xulgado de Paz.

Con esta achega da Xunta, o concello adquirirá cadeiras, estantes, sofás, butacas ou equipos de televisión, entre outros elementos. Esta mellora súmase a outras actuacións que ten en marcha o concello nestas instalacións, como son o cambio dos sistemas de iluminación e climatización ou o pintado e a instalación de tarima flotante.

Perfecto Rodríguez enmarcou este acordo na necesaria colaboración entre administracións para mellorar os servizos e equipamentos de carácter social. Saúdos

Compartir: