O Concello de Oroso presenta a XI Carreira Pedestre de Oroso - 10k

Presentación da XI Carrerira Pedestre

Este martes tivo lugar a presentación oficial da XI Carreira Pedestre de Oroso, un evento que volve consolidarse como unha das probas deportivas de referencia na nosa comarca e que terá lugar o domingo 30 de marzo en Sigüeiro a partir das 10:00 horas.

A carreira está organizada polo Concello de Oroso en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e o Club Atletismo Tambre, contando co apoio de múltiples patrocinadores locais.

As inscricións estarán abertas ata o 26 de marzo e podense realizar dende a páxina www.carreirasgalegas.com

Agradecemos de antemán a comprensión da veciñanza polos cortes de tráfico puntuais que se realizarán durante a proba para garantir a seguridade dos participantes.
Traballaremos para minimizar as molestias e restablecer a circulación o antes posible. Moitas grazas pola vosa colaboración.

O deporte segue sendo un pilar fundamental no noso concello. Non perdas esta oportunidade de participar nunha proba única!

Máis información detallada da carreira, aquí!.

Compartir: