Reunión do alcalde de Oroso co capitán da Garda Civil para mellorar a seguridade no municipio
O alcalde de Oroso, Alex Doval, mantivo unha reunión co Capitán da Garda Civil para analizar as principais cuestións de seguridade no noso municipio. Durante o encontro, o rexedor trasladou unha vez máis a necesidade de contar con máis efectivos e melloras nas instalacións da Casa Cuartel, unha demanda que xa foi aprobada en pleno a finais de 2024.
Desde o Concello seguimos traballando para garantir a seguridade e o benestar da veciñanza, agradecendo sempre a labor dos axentes da Garda Civil no seu compromiso co noso municipio.