O Concello de Oroso presenta un balance económico positivo do Exercicio 2024
O primeiro orzamento elaborado polo goberno liderado por Alex Doval e o Partido Popular supuxo unha destacada mellora en comparación co exercicio 2023, marcando un punto de inflexión na xestión económica municipal.
Segundo o informe de Tesourería, a liquidación orzamentaria do exercicio 2024 reflicte un resultado positivo grazas a unha xestión eficaz dos recursos públicos e a un esforzo significativo para cumprir coas regras fiscais establecidas na Lei Orgánica 2/2012.
Entre os principais logros destacan:
1. Cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e da regra de
gasto:
A diferenza do que sucedeu en 2022 e 2023, o exercicio 2024 logrou axustarse
plenamente á normativa fiscal, reflectindo un importante compromiso coa
sustentabilidade económica.
2. Contención do gasto corrente:
Observouse unha diminución de 4,61 puntos porcentuais no crecemento do gasto
corrente en comparación co ano anterior, demostrando unha xestión responsable dos
recursos municipais.
3. Incremento na execución de investimentos:
A execución en materia de investimentos experimentou un aumento de 10,88 puntos
porcentuais respecto a 2023, froito dun esforzo importante para licitar proxectos
pendentes e impulsar o desenvolvemento local.
4. Mellora na execución de ingresos:
Os ingresos municipais aumentaron un 8,78% en termos porcentuais, o que se traduce
nun incremento de 767.772,44 euros respecto ao exercicio anterior. Este crecemento
reflicte unha maior eficacia na xestión tributaria e unha aposta por fortalecer as arcas públicas sen comprometer os cidadáns.
5. Regularización de servizos:
Durante 2024 avanzouse significativamente na contratación de estudos económicos e
de viabilidade para mellorar servizos esenciais como o abastecemento de auga, o
saneamento e a recollida de residuos.
Alex Doval destacou que “estes datos avalan a nosa xestión como un goberno
responsable, que prioriza a eficiencia económica e a mellora dos servizos públicos
para todos os veciños de Oroso. Este é só o comezo dunha etapa marcada pola
estabilidade e o progreso”.
A boa saúde das contas municipais posiciona a Oroso como un exemplo de
gobernanza responsable e comprometida co futuro, sentando as bases para novos
proxectos que beneficiaran á cidadanía nos vindeiros anos.