Ampliación dunha das liñas de autobús con Santiago de Compostela

Estación intermodal Santiago de Compostela

A Xunta de Galicia vén de mellorar as conexións entre Oroso e Santiago de Compostela coa ampliación dunha liña de autobús que inclúe dúas novas paradas nas parroquias de Senra e Calvente.

Desde o pasado 13 de outubro, as persoas usuarias dispoñen dun servizo que parte de Vilarromarís ás 13:05h e realiza o itinerario de volta tras a parada en Choupana, en Santiago, ás 13:50h.

Para máis información, podes consultar os horarios e paradas en www.bus.gal.

Esta ampliación responde á solicitude do Concello de Oroso de facilitar o regreso dos estudantes de ensinanzas non obrigatorias desde Santiago.

Compartir: