Competencias Dixitais Básicas
Con esta formación poderás adquirir as competencias dixitais básicas que te permitan aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas básicos.
Obxectivo xeral:
Adquirir as competencias dixitais básicas que permitan “aproveitar a riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais” de acordo con Recomendación 2006/962/CE do Parlamento Europeo e do Consello sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente.
Destinatarias:
Mulleres que desexen adquirir as competencias dixitais que permitan “aproveitar a riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais”
Duración:
40 horas
Contidos teórico-prácticos
Módulo 1: Uso básico do sistema operativo
Diferentes versións e sistemas operativos dispoñibles.
Inicio, apagado e hibernación.
Programas básicos (navegador, explorador de arquivos, visor de imaxes,...).
Xestión de arquivos e cartafoles.
Módulo 2: Tratamento da información
Navegación e uso de diferentes navegadores, utilización de pestanas, historial e favoritos configuración básica da páxina de inicio, buscador preferido e borrado de caché.
Procura de información: os buscadores.
Almacenamento e recuperación de contido dixital.
Módulo 3: Comunicación
Correo electrónico: webmails.
Videoconferencias básicas (Skype, Hangouts,...)
Módulo 4: Seguridade.
Formas básicas de uso de medios informáticos para garantir a seguridade. (tanto do computador como do dispositivo móbil).
Rutinas para unha navegación segura.
Módulo 5: Resolución de problemas.
Mantemento do sistema operativo (escaneo de discos, actualizacións, defragmentación).
Máis información do curso en https://mullerdixital.gal
Solicitude de matrícula na Aula CeMIT Educaoroso