O Concello de Oroso organiza dentro da Semana Cultural 2023 unha excursión ao Aquapark de Cerceda
O vindeiro mércores 23 de agosto o Concello de Oroso ten programada unha excursión ao Aquapark de Cerceda, unha actividade que se engloba dentro da Semana Cultural.
A excursión ao Aquapark está destinada a rapaces/zas que no momento da inscrición teñan cumpridos os 8 anos e estean empadroados/as no Concello de Oroso. A adxudicación das 50 prazas será por orde de inscrición no Departamento de Cultura do Concello, daráselle preferencia aos menores de idade e será necesario que estes entreguen a autorización debidamente cuberta antes da realización da excursión.
O desprazamento ata o Aquapark realizarase en bus, saÃndo do Centro Cultural ás 11 horas e regresando ao mesmo lugar sobre ás 19 horas. Os menores de idade deberán realizar ambos viaxes (ida e volta) no bus.
Aconsellamos que cada participante leve un bocadillo e bebida ou similar para o xantar, salvo que queira xantar no restaurante que existe dentro do complexo do Aquapark, correndo os gastos por conta do/a participante. Tamén aconsellamos levar protección solar, toalla e/ou roupa para cambiarse.
Os/as participantes irán acompañados/as de monitores durante toda a viaxe, aÃnda asà o Concello non se responsabiliza das posibles perdas materiais, asà como dos danos fÃsicos ou psÃquicos que poidan sufrir na excursión.
Descarga autorización excursión.