Segunda edición da Media Maratón do Camiño Inglés

Cartel II Media Maratón do Camiño Inglés

O venres 23 de xuño presentouse a segunda edición da Media Maratón do Camiño Inglés no veciño concello de Ordes, unhas probas que terán lugar o 9 de xullo entre os concellos de Oroso e Ordes.

Na presentación da proba, interviron o alcalde de Oroso, Alex Doval; o alcalde de Ordes, José Luis Martínez; o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manolo Mirás; o deputado provincial, Antonio Leira; e Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo. Os intervinientes destacaron a importancia de poñer en valor o importante recurso natural, paixasístico e turístico que supón o Camiño Inglés, conxugando nesta proba ,deporte e natureza.

Carreiras

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés é a encargada da organización das carreiras, e este ano ademáis da media maratón e da carreira, como novidade, haberá dúas probas adicionais para a rapazada.

  • A media maratón (21 km) comezará ás 10:00 horas dende a Igrexa de Ardemil (Concello de Ordes) seguindo a ruta do Camiño Inglés
  • A carreira de 10 km tamén comezará ás 10:20 horas dende Ponte Pereira - Área de lecer de Os Carabelos (Concello de Ordes) seguindo a mesma ruta
  • Circuito de 3 km para rapaces e rapazas de entre 14 e 17 anos que comezará ás 10:05 horas ao carón da Piscina Municipal de Sigüeiro
  • Circuíto de 1,5 km para rapaces e rapazas de entre 10 e 13 anos que comezará ás 10:30 horas ao carón da Piscina Municipal de Sigüeiro


Inscricións e entrega de dorsais

As inscricións nas diferentes probas poderá realizarse ata o 6 de xullo ás 23:59 h. na web www.carreirasgalegas.com

A entrega dos dorsais realizarase o propio día 9 de xullo a partir das 08:00 horas, na liña de meta ao carón da piscina municipal de Sigüeiro, e ata as 08:45 horas para as probas de 21KM e 10KM. Para as probas de 3KM de 08:00 a 09:15 horas, e para a proba de 1,5 KM de 08:00 a 09:45 horas.

Máis información na web www.carreirasgalegas.com

Compartir: