Finalizados os traballos de ampliación da estrada que une os núcleos de Requeixo e EirÃs
O alcalde de Oroso, Luis Rey, supervisou esta semana con responsables da empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones o remate dos traballos de ampliación da calzada do vial que une os núcleos de Requeixo e EirÃs executados durante as últimas semanas.
Esta actuación, que se acometeu nun tramo de aproximadamente dous kilómetros e que supuxo un investimento cercano aos 75.000 euros, contribúe a reforzar a seguridade vial na citada estrada, xa que ancheouse a plataforma, mellorouse o pavimento e instalaráronse barreiras de seguridade.