Oroso garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Toledo

Minuto de silencio diante da Casa do Concello

O Concello de Oroso sumouse esta tarde á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) cun minuto de silencio diante da Casa do Concello en memoria das vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Toledo.

Con este xesto de respecto e lembranza, a corporación municipal e as persoas asistentes quixeron expresar o seu pesar polo sucedido e trasladar todo o seu apoio e solidariedade ás familias das vítimas, así como ás persoas afectadas por este tráxico accidente.

O Concello de Oroso únese á dor das persoas que están a sufrir as consecuencias deste suceso e expresa as súas condolencias e o seu afecto a todas elas.

Compartir: