O Roupeiro Municipal fai un chamamento á cidadanía para a doazón de roupa infantil e de cama

Roupeiro Municipal

O Servizo do Roupeiro Municipal do Concello precisa nestes momentos da colaboración veciñais para reforzar o seu stock e seguir dando resposta ás necesidades das familias do municipio en situación de vulnerabilidade.

Aínda que a solidariedade da veciñanza permite manter este servizo activo durante todo o ano, nestes momentos rexístrase unha necesidade urxente de determinado tipo de material. Por este motivo, faise un chamamento específico para a recollida de:

- Roupa de abrigo infantil: Especialmente para nenos e nenas de 12 a 14 anos.
- Roupa de cama: Axuar para cama de 90 cm, con especial necesidade de sabas e edredóns.

Como colaborar

As persoas que desexen realizar as súas doazóns poden achegar o material directamente ás instalacións do Roupeiro Municipal, xestionado en coordinación coa área de Servizos Sociais. Para garantir unha entrega organizada ou resolver calquera dúbida sobre os horarios e o estado do material requirido, a cidadanía ten á súa disposición o teléfono de atención 981 688 950.

Dende o Concello querese agradecer de antemán a xenerosidade e o compromiso de toda a veciñanza, fundamentais para que estes recursos cheguen de forma eficiente a quen máis os precisa.

Compartir: