Entrega dos carnés do curso de fitosanitarios en Oroso
O Concello de Oroso fixo entrega este venres dos carnés ás persoas participantes no curso de fitosanitarios celebrado recentemente no municipio, unha formación orientada a mellorar os coñecementos e a capacitación das persoas participantes para o uso responsable e seguro destes produtos.
A iniciativa permitiu adquirir e reforzar os coñecementos necesarios para o correcto manexo dos produtos fitosanitarios, contribuíndo así a promover unhas prácticas máis seguras e responsables no seu emprego.
Desde o Concello de Oroso quérese felicitar a todas as persoas participantes por completar esta formación e polo seu compromiso coa adquisición de novos coñecementos e competencias que poden resultar de utilidade tanto no ámbito profesional como nas actividades relacionadas co coidado e mantemento de espazos agrícolas e verdes.
Parabéns a todas as persoas participantes e grazas pola súa implicación nesta iniciativa formativa.



