Oroso completa a renovación do mobiliario urbano de Sigüeiro con máis de 50 novos bancos e preto de 100 papeleiras
O Concello de Oroso vén de completar a renovación do mobiliario urbano de Sigüeiro, unha actuación que permitiu substituír practicamente a totalidade dos bancos e papeleiras existentes no casco urbano, cun investimento de algo máis de 30.000 euros.
Os traballos incluíron a instalación de máis de 50 bancos e preto de 100 papeleiras,
renovando elementos que presentaban desgaste polo uso e polo paso do tempo e
mellorando así a imaxe e as condicións dos espazos públicos de Sigüeiro.
A actuación foi posible grazas ao cofinanciamento da Asociación de Desenvolvemento
Comarca de Ordes, da Xunta de Galicia e do propio Concello de Oroso.
O alcalde de Oroso, Alex Doval, destacou que “con esta actuación renovamos
practicamente todo o mobiliario urbano de Sigüeiro, cunha intervención moi visible no
día a día e que mellora tanto a imaxe do casco urbano como a comodidade da
veciñanza”.
Doval sinalou tamén que “son pequenas actuacións en comparación con grandes
obras, pero teñen unha repercusión directa no uso diario do espazo público.
Queremos seguir coidando Sigüeiro e mantendo os seus equipamentos en boas
condicións”.
A renovación forma parte das actuacións municipais destinadas á mellora e
conservación do espazo público, coa substitución progresiva de elementos
deteriorados e a modernización do equipamento urbano.



