O Paseo do Carboeiro converteuse nun gran escenario para a música e a diversión familiar
O Paseo do Carboeiro viviu esta tarde unha das citas máis destacadas da programación cultural do verán coa actuación de UxÃa Lambona e a Banda Molona, un espectáculo que reuniu a centos de persoas nun ambiente cheo de música, baile e diversión para toda a familia.
O concerto congregou a numerosas familias, nenos e nenas que gozaron dunha proposta participativa na que non faltaron as cancións, os xogos, as coreografÃas e a interacción co público. O espazo encheuse de vida durante toda a actuación, confirmando unha vez máis o éxito das actividades culturais ao aire libre organizadas polo Concello de Oroso.
UxÃa Lambona e a Banda Molona, un dos grupos de referencia da música infantil en Galicia, ofreceron un espectáculo dinámico e cheo de enerxÃa, facendo cantar e bailar aos máis pequenos e tamén ás persoas adultas que os acompañaban. Cun repertorio baseado na música en galego e na participación do público, o concerto converteuse nunha auténtica festa para todas as idades.
Desde o Concello de Oroso agradécese a excelente resposta da veciñanza, que volveu participar masivamente nunha actividade pensada para fomentar o lecer familiar e dinamizar un dos espazos naturais máis emblemáticos do municipio.
O Paseo do Carboeiro consolÃdase asà como un escenario privilexiado para a celebración de eventos culturais, deportivos e de lecer ao aire libre, converténdose cada verán nun punto de encontro para veciños, veciñas e visitantes.
O Concello de Oroso continúa apostando por unha programación cultural variada, gratuÃta e de calidade, que achega propostas para todos os públicos e contribúe a facer do municipio un lugar vivo, dinámico e participativo durante todo o ano.
Desde o Concello quérese agradecer tamén a UxÃa Lambona e a Banda Molona a súa visita a Oroso e o magnÃfico espectáculo ofrecido, asà como a todas as persoas que fixeron posible o desenvolvemento da actividade.
Grazas a todas as familias que vos achegastes ao Carboeiro para compartir unha tarde inesquecible. Seguimos enchendo Oroso de cultura, música e vida.


