O Concello de Oroso organiza un curso gratuÃto de iniciación á Intelixencia Artificial na Aula CeMIT
O Concello de Oroso, en colaboración con byNomadLAB e a rede CeMIT, organiza un novo curso de formación presencial para achegar a Intelixencia Artificial (IA) á cidadanÃa dun xeito práctico, sinxelo e accesible.
Baixo o tÃtulo "Intelixencia Artificial para o dÃa a dÃa", esta acción formativa está dirixida a todas aquelas persoas que queiran iniciarse no uso da IA xerativa e descubrir como esta tecnoloxÃa pode facilitar tarefas cotiás, mellorar a produtividade e abrir novas oportunidades tanto no ámbito persoal como profesional.
O curso desenvolverase na Aula CeMIT do Concello de Oroso os dÃas 6, 7, 8 e 9 de xullo de 2026, en horario de 10:00 a 12:00 horas, cunha duración total de 8 horas.
A formación terá un carácter eminentemente práctico e permitirá ao alumnado coñecer as principais ferramentas de Intelixencia Artificial dispoñibles na actualidade, aprender a utilizalas de forma autónoma, crÃtica e responsable e aplicalas á resolución de situacións reais do dÃa a dÃa.
Ao longo das sesións abordaranse cuestións como a creación de contidos mediante IA, a optimización de tarefas, a procura e organización de información ou a mellora da produtividade, ofrecendo aos participantes os coñecementos básicos necesarios para comezar a sacar partido a estas novas tecnoloxÃas.
Esta iniciativa enmárcase na programación da Rede CeMIT, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que ten como obxectivo promover a capacitación dixital da cidadanÃa e facilitar o acceso ás novas tecnoloxÃas mediante accións formativas gratuÃtas en toda Galicia.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición previamente a través da plataforma da Rede CeMIT.
Desde o Concello de Oroso anÃmase á veciñanza a participar nesta acción formativa, unha excelente oportunidade para descubrir o potencial da Intelixencia Artificial e adquirir competencias dixitais cada vez máis demandadas na sociedade actual.


