Día Internacional contra a violencia de xénero
Estas son as actividades que temos para o mes de novembro con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero.
"O 25 de novembro foi declarado polas Nacións Unidas como “Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres” para visibilizar e denunciar este tipo de violencia en todo o mundo, sensibilizar á sociedade e mostrar que é posible previr, para evitar, a violencia contra as mulleres e as nenas.
A Concellaría de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística do Concello de Oroso, na figura da súa concelleira, Isabel Fernández, vén mostrando o seu firme compromiso na loita contra a violencia de xénero a través de políticas transversais na acción de todos os centros dependentes desta concellaría.
Entre todas e todos demos pasos importantes, fixemos visible a violencia machista e a cidadanía é hoxe máis consciente de que esta secuela pon en evidencia a toda a sociedade. Con todo segue sendo necesario redobrar e unir esforzos. As administracións e tamén a cidadanía debemos ter un papel activo nesta batalla.
Para iso, desde a Concellaría de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística impulsamos campañas específicas para a sensibilización e compromiso social na loita contra a violencia sobre as mulleres. Aquí podedes darlle unha ollada a todas as actividades que desenvolvemos nos centros socio cultuais pero sobre todo nos centros educativos xa que cremos que é aí onde debemos formar os futuros cidadáns."