O Bono Activa Comercio volve impulsar as compras no comercio local en Oroso
O comercio de proximidade volve contar cun importante impulso coa posta en marcha dunha nova edición do programa Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia, unha iniciativa destinada a fomentar as compras nos establecementos locais e apoiar ao pequeno comercio galego.
A campaña, que xa está activa desde este mércores, permitirá ás persoas consumidoras acceder a descontos directos de ata 30 euros nas súas compras nos negocios adheridos ao programa. A medida conta cun orzamento inicial de 2,5 millóns de euros e prevé mobilizar arredor de 9 millóns de euros en vendas no conxunto de Galicia.
Os descontos aplicaranse de forma progresiva segundo o importe da compra:
Cada persoa poderá descargar un único bono dixital, cun saldo máximo acumulado de 30 euros, que poderá utilizar nun ou varios establecementos adheridos. O sistema funciona mediante un código QR descargable no teléfono móbil.
Desde o Concello de Oroso anÃmase á veciñanza a aproveitar esta campaña para realizar as súas compras no comercio local, contribuÃndo asà a fortalecer o tecido económico de proximidade e apoiar aos negocios do municipio.
A iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia a través da ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración, busca seguir dinamizando un sector clave para a economÃa local, favorecendo ademais un modelo de consumo máis próximo, sostible e vinculado ao territorio.
Como funciona?
Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 30€ que poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciais adheridos e que estarán identificados co distintivo da campaña.
No caso de esgotamento do crédito do programa, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.
A través do seguinte enderzo poderás solicitar o teu Bono Activa Comercio seguindo uns sinxelos pasos: https://www.bonosactivacomercio.gal/.
Consultar os comercios de Oroso adheridos
Bono Activa Comercio
O Concello de Oroso lembra tamén a boa acollida que esta campaña tivo en edicións anteriores, nas que os bonos chegaron a esgotarse en poucos dÃas debido á elevada participación da cidadanÃa.
Apoiar o comercio local é apostar pola economÃa, o emprego e a vida dos nosos pobos e vilas. Compra preto, compra en Oroso.


