O alumnado do CEIP de Sigüeiro descobre o Camiño Inglés ao seu paso por Oroso

O alcalde de Oroso, Álex Dova, recibe os alumnos e alumnas do CEIP de Sigüeiro, no marco do proxecto educativo centrado no coñecemento do Camiño Inglés ao seu polo concello.
O alcalde de Oroso, Álex Dova, recibe os alumnos e alumnas do CEIP de Sigüeiro, no marco do proxecto educativo centrado no coñecemento do Camiño Inglés ao seu polo concello.

O Concello de Oroso recibiu hoxe a visita de arredor de 50 alumnos e alumnas do CEIP de Sigüeiro, no marco dun proxecto educativo centrado no coñecemento do Camiño Inglés ao seu paso polo municipio.

A actividade deu comezo na Casa do Concello, onde o alumnado iniciou un percorrido polos distintos puntos de interese vinculados a esta ruta xacobea. Durante o traxecto, os nenos e nenas van selando o seu paso, recreando así a experiencia dos peregrinos e coñecendo de primeira man os elementos patrimoniais, culturais e históricos que forman parte do Camiño.

Esta iniciativa permite achegar aos máis novos á riqueza do territorio, promovendo valores como o respecto polo patrimonio, o interese pola historia local e a importancia do Camiño Inglés como eixo cultural e turístico.

Desde o Concello de Oroso quérese agradecer ao CEIP de Sigüeiro o impulso deste tipo de proxectos educativos, que contribúen a formar unha cidadanía máis consciente e vinculada co seu entorno.

Compartir: