Oroso prepárase para acoller este domingo a Carreira Pedestre con Campionato Autonómico
O Concello de Oroso acollerá este domingo 29 de marzo unha nova edición da Carreira Pedestre, unha cita deportiva xa consolidada que este ano acada un nivel especial ao incorporar o Campionato Autonómico, o que atraerá a numerosos atletas e visitantes ao municipio.
A proba converterá Oroso nun punto de referencia do atletismo galego durante a xornada, cun ambiente deportivo e participativo pensado tanto para corredores como para público de todas as idades.
Cortes de tráfico previstos
Co obxectivo de garantir a seguridade dos participantes e do público asistente, estableceranse cortes de tráfico en diferentes rúas do concello nos seguintes horarios aproximados:
De 9:45 a 12:30 horas:
Tras da Torre, Horta, Practicante, Camiño da Presa, TravesÃa da Presa, Chousa, Iglesias, Prado, Xan Castro, Camiño do Refuxio, Nogueiras, Telleira, Avenida da Grabanxa e a estrada DP-3801 ao seu paso pola Penateixa.
De 9:45 a 13:30 horas:
Tambre, Campo, Concello, Cultura, Ramón Piñeiro, Vigo, Pontevedra, Deporte, Pablo Iglesias, Camiño Inglés, Praza Isaac DÃaz Pardo, Lengüelle e Xuncal.
Recomendacións á veciñanza
Desde o Concello recoméndase planificar os desprazamentos con antelación, especialmente para aquelas persoas que precisen utilizar vehÃculo durante as franxas horarias afectadas.
Asà mesmo, agradécese a comprensión da cidadanÃa polas posibles molestias ocasionadas e anÃmase a toda a veciñanza a saÃr á rúa para gozar do ambiente deportivo e apoiar aos corredores nunha xornada que promete ser única en Oroso.
Para máis información sobre a proba, horarios e percorridos, pódese consultar a páxina web oficial do Concello de Oroso.


